Avelino Lahoz Álvarez

Avelino Lahoz Álvarez, nado en Toén cara a 1914 e finado en Areas o 17 de febreiro de 1938, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaAvelino Lahoz Álvarez

Traxectoria editar

Veciño de Arnoso (Ponteareas). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Organizou co seu irmán Antonio a partida dos "Ernestinos". O 10 de febreiro de 1938 morreron tres compoñentes da partida nun encontro coas forzas represivas na Bouciña. Poucos días despois, o 17 de febreiro nun enfrontamento coa Garda Civil en Areas foron abatidos Avelino, o seu irmán Antonio, e outro compoñente da partida; tamén resultou morto o comandante de posto da Garda Civil de Ponteareas.

Notas editar

Véxase tamén editar

  • Abad Gallego, Xoán Carlos (2005). Héroes o forajidos. "Fuxidos" y guerrilleiros antifranquistas en la comarca de Vigo. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-33-5. 

Ligazóns externas editar