Avelina Mouzo
Avelina Mouzo Leis, nada o 27 de decembro de 1904 en Vilar de Cereixo (Vimianzo) e finada o 28 de decembro de 2017 na Ponte do Porto foi unha labrega galega supercentenaria, que durante case un lustro foi a muller máis anciá de Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 Vimianzo, España |
Morte | 28 de decembro de 2017 (112/113 anos) |
Traxectoria
editarAínda que nada en Vilar, na parroquia vimiancesa de Cereixo, cando casou mudouse a vivir ao Campo do Outeiro, na Ponte do Porto (Camariñas). Toda a súa vida traballou de labrega.
En decembro de 2014 fixo os 110 anos, co que se converteu na décima supercentenaria de Galicia dende que hai rexistros. Naquela altura era xa a galega máis anciá. En xaneiro de 2016 era a cuarta persoa máis vella de España e está entre as 25 persoas máis vellas da historia de España.[1]
En xullo de 2017 deuse a coñecer que era a 34.ª persoa máis lonxeva do mundo.[2]. A finais dese ano apañou unha gripe que coincidiu co seu 113º aniversario. Finou uns días despois[3].
Vida persoal
editarCasou e tivo tres fillos.
Notas
editar- ↑ "Avelina Mouzo cumplió 111 años". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de decembro de 2015. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
- ↑ "Avelina Mouzo, 34ª. persona más longeva del mundo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2017.
- ↑ "Adiós a Avelina, la abuela de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-12-28. Consultado o 2017-12-29.