Automóviles Niké

Automóviles Niké foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1917 ata 1919.

Automóviles Niké
Fundación1917 - 1919
LocalizaciónBarcelona España España
FundadorJ. Alejandro Riera
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Historia da empresa editar

Esta empresa foi fundada en 1917 por José Alejandro Riera en Barcelona, coa intención de producir automóbiles. Os seus produtos foron mostrados ao público en 1919 no Salón do Automóbil de Barcelona xunto a unha reprodución da Vitoria alada de Samotracia. A produción terminou ese mesmo ano tras 5 unidades fabricadas.

Produto editar

Foi deseñado por Antonia Riera Córdoba. O único modelo que se deseñou foi o 12/15 HP, unha denominación similar á que tiñan a maioría dos modelos doutras marcas. O motor era de deseño propio, cunha configuración de catro cilindros e 1´6 L de cubicaxe no prototipo, que foi ampliado posteriormente a 2 L, tiña pistóns de aliaxe lixeira. Unhas características peculiares de deseño foron o parabrisas panorámico e a forma do capó, que ascendía desde a posición do condutor ata o radiador.[1]

Tapón de radiador editar

O tapón que cubría a saída do radiador foi inspirado pola escultura anteriormente mencionada, a Vitoria de Samotracia, que representa á deusa grega Niké.

Notas editar

  1. "NIKÉ (José Alejandro Riera) (1917 - 1919)" (en castelán). Consultado o 12 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Harald Linz und Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie., United Soft Media Verlag GmbH, Múnic 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8 (en alemán)
  • Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 (en inglés)
  • G. N. Georgano: The New Encyclopedia of Motorcars, 1885 to the Present. Dutton Verlag, Nova York 1982, ISBN 0-525-93254-2 (en inglés)

Ligazóns externas editar