Automóviles Fernández y Aymerich

Automóviles Fernández y Aymerich (AFA) foi un fabricante español de automóbiles con sede en Barcelona de 1942 ata 1947.

Automóviles Fernández y Aymerich
Fundación1942 - 1947
LocalizaciónBarcelona España España
Persoas claveJuan Aymerich Casanovas, Luís Fernández Roca
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Historia da compañía editar

A compañía creouse en 1942 baixo a dirección de Juan Aymerich Casanovas e Luís Fernández Roca. Jaime Morera Carreró foi o deseñador. En 1944, a compañía presentou o único prototipo existente na Exposición Automovilista de Villaverde, organizada pola Dirección General de Transportes. En 1947 púxose fin á produción.

O único modelo baseado no Nacional Rubí, un micro coche tamén fabricado por Aymerich, era un coche pequeno de dúas prazas convertible, con dúas portas con capota abatible. Un motor de catro cilindros, dianteiro de 527 cc, cunha potencia de 13 cv, e unha velocidade máxima de 85 km/h.

Produción editar

O plan era unha produción anual de 100 coches. A produción real foi menor, unha ou dúas unidades. A morte de Juan Aymerich en 1946 e a falta de axudas oficiais propiciaron o abandono deste prometedor proxecto.

Pódese ver un exemplar no Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña (mNACTEC), en Terrasa (Barcelona).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8. (en alemán)
  • George Nick Georgano (Chefredakteur): The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile. Volume 1: A–F. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1. (en inglés)

Ligazóns externas editar