Aurora 1
Aurora 1 foi un satélite artificial construído pola Universidade Rice para a Forza Aérea dos Estados Unidos no marco do programa STP (Space Test Program). Foi lanzado o 29 de xuño de 1967 mediante un foguete Thor Burner 2 desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]
Aurora 1 | |
---|---|
Tipo | Observación terrestre. |
Organización | Universidade Rice |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 29 de xuño de 1967[1][2][3][4] |
Foguete portador | Thor Burner 2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2] |
Obxectivo da misión | Estudo das auroras polares, o bombardeo corpuscular da atmosfera e os cintos de radiación.[2][5][6] |
NSSDC ID | 1967-065B |
Masa | 21 kg[2][5][7] |
Dimensións | 25,4 cm x 35,5 cm x 61 cm[6] |
Potencia | 4 vatios[6] |
Baterías | Níquel-cadmio[6] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 10.250,3 km[1] |
Inclinación | 90,2 graos[1] |
Apoapse | 3948,7 km[1] |
Periapse | 3810,0 km[1] |
Características
editarA misión de Aurora 1 consistiu no estudo das auroras polares, o bombardeo corpuscular da atmosfera e os cintos de radiación. Para iso adicouse a medir partículas con enerxías de entre 50 e 150.000 eV e luz emitida pola atmosfera a lonxitudes de onda de 3914, 5577, 6300 e entre 1450 e 1750 Ángstroms.[2][6]
A orientación do satélite corría a cargo dun imán permanente que, por interacción co campo magnético terrestre, mantiña a nave aliñada con este.[6]
As comunicacións co satélite tiñan lugar a unha frecuencia de 137,140 MHz.[6]
Instrumentación
editarAurora 1 levaba seis fotómetros (dous deles para o ultravioleta cos que medir as emisións luminosas da atmosfera en varias lonxitudes de onda. Seis espectrómetros encargábanse de medir a enerxía de electróns e protóns no intervalo de entre 50 e 150.000 eV. Un espectrómetro adicional medía partículas con enerxías de entre 40 e 100.000 eV. O satélite levaba ademais un magnetómetro para medir a súa posición con respecto ó campo magnético da Terra.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AURORA 1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (4 de novembro de 2011). "Aurora 1" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ "Letter dated 16 November 1967 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (67-27613). 22 de novembro de 1967. Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Aurora 1" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Aurora (P67-1)" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Project Operations and Support Division - Tracking and Data Systems - NASA - GSFC (1967). OPERATION PLAN 18-67 - OFFICE OF NAVAL RESEARCH/RICE UNIVERSITY - SATELLITE AURORA-1. NASA.
- ↑ Mark Wade (2011). "Aurora" (en inglés). Consultado o 23 de decembro de 2011.