Aurelio Fernández Sánchez

Aurelio Fernández Sánchez, nado en Oviedo en 1897 e finado en Puebla (México) en 1974, foi un dirixente obreiro anarquista.

Modelo:BiografíaAurelio Fernández Sánchez
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Asturias, España Editar o valor en Wikidata
Morte1974 Editar o valor en Wikidata (76/77 anos)
Puebla de Zaragoza, México Editar o valor en Wikidata
13º Minister of Health and Social Assistance of the Government of Catalonia (en) Traducir
16 de abril de 1937 – 5 de maio de 1937
← Josep Juan i Domènech (en) TraducirValeri Mas i Casas (en) Traducir →
Nomeado por: Lluís Companys
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, anarcosindicalista Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Uniuse ó grupo Los Solidarios en 1922, atribuíndoselle o asalto ó Banco de España de Xixón en setembro de 1923. Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera foi encarcerado en marzo de 1924 en Barcelona. Fuxiu da prisión e exiliouse en Francia.

Regresou a España en 1926, e a finais de ano foi detido e levado preso a Bilbao. Como militante da Confederación Nacional do Traballo e da Federación Anarquista Ibérica, foi membro do Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña como representante da FAI (xullo de 1936). Máis tarde foi secretario da Xunta de Seguridade Interior (1936-1937) e conselleiro de Sanidade e Asistencia Social do Generalitat de Cataluña entre o 16 de abril e o 5 de maio de 1937. Logo dos feitos de maio de 1937 foi procesado por estafa. Exiliouse en Francia con Joan García Oliver e despois en México, de onde xa non regresará.