Augusto Loredo
comerciante e político galego
Augusto Loredo Martínez, nado en Vigo cara a 1876 e finado na mesma cidade o 16 de abril de 1932, foi un comerciante e político galego.
Augusto Loredo | |
---|---|
Nacemento | 1876 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Falecemento | 16 de abril de 1932 |
Lugar de falecemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | comerciante e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
A finais de 1894 fíxose cargo da dirección de La República con Avelino Rodríguez Elías. En 1895 emigrou a Paraguai, onde se dedicou aos negocios. Retornou a Vigo en 1924.[1] Militante do PSOE. Nas eleccións municipais do 12 de abril de 1931 foi elixido concelleiro. Foi primeiro tenente alcalde e alcalde accidental. Foi deputado provincial e vicepresidente da Deputación de Pontevedra. Finou en Vigo o 16 de abril de 1932.[2]
Vida persoal Editar
Casou con Emma Arias Nievas, que finou en 1926, e foi pai de Elisa Loredo Arias.[3]
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República Arquivado 24 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., tese de doutoramento presentada por Manuel Fernández González na USC, 2005.