Atol Takapoto
Takapoto | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | |
Linguas | |
Poboación (2007) | 472 hab. |
Superficie | 15 km² |
Superficie lagoa | 81 km² |
Nº de illas | |
Coordenadas | 14°37′S 145°12′O / -14.617, -145.200 |
Maior Altura | |
Localización | |
![]() |
Takapoto é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Takaroa. Xeograficamente forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao suroeste de Takaroa e a 560 km ao nordés de Tahití.
Xeografía
editarTen unha forma ovalada de 20 km de longo e 6 de ancho, cunha superficie emerxida de 13 km² máis 10 km² de arrecifes. A lagoa interior de 81 km² é pechada sen ningún paso practicable ao océano, pero a auga renóvase por canles submarinas e resulta bastante salgada.
A vila principal é Fakatopatere, situada no illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total era de 472 habitantes no censo do 2007. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, apinctada Margaritifera.
Historia
editarO nome Takapoto quere dicir «queixo curto», por ser de dimensións algo máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios. Un dos máis destacados atópase á entrada de Fakatopatere onde antigamente unha moza era sacrificada cada cinco anos ao deus Matapo. Foi chamadoSondre Grondt(Sen Fondo) por Jacob Le Maire (1616), Schadelijk (Perniciosa) por Jacob Roggeveen (1722) e Spiridoff por Otto von Kotzebue (1816).