Atlético Petróleos Luanda (hóckey a patíns)

A sección de hóckey a patíns do Atlético Petróleos Luanda é un dos clubs deste deporte máis importantes de Angola. Actualmente compite na máxima categoría do hóckey a patíns do país africano, o Campionato Nacional de Angola, competición da que é o club máis laureado, gañándoa en 9 ocasións (8 delas de xeito consecutivo entre 1998 e 2005). Así mesmo o club participa no Campionato Africano de Clubs, acadando o título na súa segunda edición, disputada na cidade de Luanda (Angola) en 2008, converténdose no único equipo angolano en gañar a máxima competición de clubs do Continente Africano.

Atlético Petróleos Luanda
Tipoclub deportivo
Deporteroller hockey
PaísAngola
editar datos en Wikidata ]

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar