Atlético Cuntis

equipo de fútbol galego

O Atlético Cuntis é un club de fútbol galego, da vila de Cuntis, fundado en 1973. Na tempada 2023-24 compite no Grupo V da Primeira Autonómica de Galicia.

Cuntis
NomeAtlético Cuntis
Fundación1973
EstadioCampo Municipal da Ran
Cuntis
Capacidade328
PresidenteGalicia Francisco José Fontela "Choco"
AdestradorGalicia Eduardo Muñiz Sanmartin "Tinto"
Liga1ª Autonómica − Grupo 5
2022−2023
Na rede
http://atleticocuntis.com/
Facebook: 100057631810300 Twitter: atleticocuntis Editar o valor em Wikidata
Campo da Ran

Xoga coma local no Campo Municipal da Ran de herba artificial. Desde a súa reforma en 2013 ten unhas dimensións de 105 x 63 m e unha capacidade de 348 persoas.[1]

Historia editar

O Atlético de Cuntis CF naceu no verán de 1973, da man dun grupo de amigos liderado por Manuel Eiras "Lelo". Comezou sendo un equipo moi modesto, composto só por xogadores de Cuntis ós que se lles sumaron xogadores dos concellos veciños.[2] A primeira directiva formárona Manuel Eiras Velay como presidente, Manuel Barros Brey (vicepresidente), Roberto Ameijeiras Blanco (secretario), Joaquín Sanmartín (tesoureiro) e Juan Luis Torres Rey, Ramiro Espiño Castro e os compoñentes do equipo como vogais. As reunións semanais celebrábanse no convento de San Bieito de Pereira, onde tiña a súa residencia o capelán Manuel Barros, que foi o verdadeiro impulsor da creación do club.

O conxunto é herdeiro do desaparecido Burgas, polo que pasaron xogadores que chegaron á Primeira División como o meta Campos ou o exzaragocista Pais. O primeiro equipo estaba integrado por Raído, Cañoto, Fandiño, Malocho, Paco, Severino, Ignacio Romar "Nacho" (adestrador-xogador), Jaime, Pinón, Ramón Eiras, Raxeiro, Luis, Pacheco, Tito, Moncho, Ramón, Jacobo, Lagares e Pablo, todos eles nacidos en Cuntis agás Fandiño, da Estrada, pero cuxo pai era tamén natural da vila. O primeiro partido oficial do Atlético Cuntis xogouse o 24 de marzo de 1974 no campo do Carrasco (Marcón), onde lle gañou ao Nodales por 1-4. No primeiro encontro no campo da Ran venceu 2-1 fronte ao Deportivo Lérez. Ramón Eiras (pai do actual dianteiro do Club Xuventude Sanxenxo Ramón Eiras Fernández), foi o xogador que tivo a honra de conseguir o primeiro gol do equipo.[3]

Acadou a Copa Pontevedra[cando?] na prórroga da final fronte ao Portonovo por 2-1, nun partido disputado no Monte da Vila, no Grove. Na tempada 2015/2016 -cando militaba na Segunda Autonómica de Galicia- derrotou o Pontevedra na Copa Deputación na quenda de penaltis despois de empatar 2-2. O último ascenso do club á Primeira Autonómica de Galicia aconteceu na tempada 2017/2018 tras quedaren líderes do grupo 10 con 72 puntos, 7 por diante do CD Arcade e da UD Sampayo.

Traxectoria editar

Tempada Categoría Posto
2013/14 1ª Autonómica 17º
2014/15 2ª Autonómica
2015/16 2ª Autonómica
2016/17 1ª Autonómica 18º
2017/18 2ª Autonómica
2018/19 1ª Autonómica 10°
2019/20 1ª Autonómica
2021/22 1ª Autonómica (grupo 15)
2022/23 1ª Autonómica
2023/24 1ª Autonómica

Equipamento editar

Camiseta amarela e negra con franxas verticais, pantalón negro e medias negras con tres franxas amarelas horizontais.

Notas editar

  1. "Cuntis inaugura o reformado campo de fútbol da Ran". Pontevedra Viva. 1 de setembro de 2013. Consultado o 11 de decembro de 2023. 
  2. "El Atlético Cuntis celebra su 40 aniversario". Faro de Vigo (en castelán). 20 de xuño 2015. Consultado o 11 de decembro 2023. 
  3. "O Atlético Cuntis reúne a fundadores e simpatizantes nunha comida para pechar o seu 40 aniversario". Pontevedra Viva. 11 de xuño 2015. Consultado o 11 de decembro 2023.