Piarda
A piarda ou pión (Atherina presbyter, Cuvier 1829) é un peixe mariño pertencente á familia dos Aterínidos (Atherinidae), da orde dos Ateriniformes (Atheriniformes).
O nome de piarda aplícase tamén a outras especies do mesmo xénero así como ó pión de altura (Argentina sphyraena).
Descrición
editarÉ un peixe pequeno, de ata 12 cm de lonxitude. Posúe dúas aletas dorsais, con 7-9 radios espiñosos e numerosos radios brandos; na anal, 1 espiña e 14-17 brandos.
A cor é gris prateado, cunha banda prateada, brillante, da cabeza á cola. Non posúen liña lateral.
É unha especie común nas costas europeas do Atlántico, desde os 60º Norte (Dinamarca) ata os 14º Norte (Cabo Verde e Canarias). Penetra no Mediterráneo occidental.
A piarda en Galicia
editarOutros sinónimos recollidos por Ríos Panisse na costa galega son os seguintes: bogón, peón, piardo, piobardo, pión. Tamén pión de baixura (en Viveiro) para diferencialo do pión de altura, Argentina sphyraena, e xerelo, xura e xurelo (en Foz, Sardiñeiro, Noia, Ribadeo, Foz, Burela).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Piarda |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Piarda |