Aterínidos
Os Aterínidos (Atherinidae) son unha familia de peixes mariños e, porincipalmente, de río, da orde Ateriniformes (Atheriniformes). Distribúense tanto por augas temperadas como tropicais.
Características
editarTeñen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primeira con espiñas flexibles e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, ó igual cá aleta anal; as aletas pectorais sitúanse en posición alta. Boca pequena e terminal. Carecen de liña lateral pero presentan unha banda lateral ampla de cor prateada.
Clasificación
editarDivídese en once xéneros en tres subfamilias:
- Subfamilia Atherininae:
- Xénero Atherina (Linnaeus, 1758)
- Xénero Atherinason (Whitley, 1934)
- Xénero Atherinosoma (Castelnau, 1872)
- Xénero Kestratherina (Pavlov, Ivantsoff, Last e Crowley, 1988)
- Xénero Leptatherina (Pavlov, Ivantsoff, Last e Crowley, 1988)
- Subfamilia Atherinomorinae:
- Xénero Alepidomus (Hubbs, 1944)
- Xénero Atherinomorus (Fowler, 1903)
- Xénero Hypoatherina (Schultz, 1948)
- Xénero Stenatherina (Schultz, 1948)
- Xénero Teramulus (Smith, 1965)
- Subfamilia Craterocephalinae:
- Xénero Craterocephalus (McCulloch, 1912)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Aterínidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aterínidos |