Atenodoro, bispo de Bizancio
Atenodoro (grego: Αθηνόδωρος), tamén coñecido como Atenóxenes (grego: Αθηνογένης), foi Bispo de Bizancio desde 144 ata 148. Durante o seu reinado, que foi o momento en que a cidade foi administrada por Zeuxipo, houbo un considerábel aumento da poboación cristiá. Atenodoro encargou a construción dunha segunda catedral en Elaea, que logo foi renovada polo emperador Constantino I, que desexaba que o enterrasen nela. Finalmente non o enterraron alí, pois considerouse impropio dun emperador ser enterrado fóra de Bizancio. A catedral foi dedicada aos martirios de Eleazar e dos sete nenos narrada en II Macabeos.
Atenodoro, bispo de Bizancio | |
---|---|
Nacemento | milenioxuliano |
Falecemento | 148 |
Lugar de falecemento | Bizancio |
Ocupación | sacerdote |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Predecesor: Policarpo II |
Bispo de Bizancio 144 - 148 |
Sucesor: Euzoio |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Atenodoro na páxina web do Patriarcado Ecuménico Arquivado 16 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en grego).