Atelopus ignescens

Especie de ra

Atelopus ignescens
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Bufonidae
Xénero: Atelopus
Especie: ''A. ignescens''
Nome binomial
'Atelopus ignescens'
(Cornalia, 1849)
Sinonimia
  • Phryniscus ignescens Cornalia, 1849
  • Phryniscus laevis Günther, 1858
  • Atelopus carinatus Andersson, 1945

O Atelopus ignescens é unha especie de ra da familia Bufonidae. É endémica da zona norte dos Andes de Ecuador.[1] Considerouse extinta pois non se observaban exemplares dende 1988,[2] até que foi descuberta de novo no 2016.[3]

Redescubrimento editar

En maio de 2016, científicos do Centro Jambatu da Fundación Otonga e IKIAM anunciaron o redescubrimento da especie.[3] Foi observado primeiro por un sacerdote salesiano e unha familia labrega. Posteriormente, os expertos Luis Coloma, Giovanni Onore e Elicio Tapia certificaron o achado.[3]

O proceso de extinción desta especie relaciónase a múltiples factores, sendo algúns deles o cambio do clima, a aparición da enfermidade quitridiomicose, a perda de hábitat e a introdución de depredadores foráneos.[2][3]

Notas editar

  1. Frost, Darrel R. (2014). Amphibian Species of the World: an Online Reference. Version 6.0, ed. "Atelopus ignescens (Cornalia, 1849)". American Museum of Natural History. Consultado o 7 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Santiago Ron, Luis A. Coloma, Stefan Lötters, William Duellman, Martín R. Bustamante, Wilmar Bolívar, Enrique La Marca 2004. Atelopus ignescens. In: IUCN 2013. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2013.1. Downloaded o 20 de outubro de 2013.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Coloma, Luis A. 2016. El Jambato negro del páramo, Atelopus ignescens, resucitó Arquivado 22 de xuño de 2017 en Wayback Machine.. IM ciencia. Consultada o 9 de maio de 2016.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar