Assurnasirpal II
(Redirección desde «Asurnasirpal II»)
Assurnasirpal II (-884--859) foi rei de Asiria.
Assurnasirpal II | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | século X a. C.xuliano |
Falecemento | 854 a. C. e 859 a. C. |
Nacionalidade | Asiria |
Ocupación | monarca |
Pai | Tukulti-Ninurta II |
Cónxuxe | Mullissu-mukannishat-Ninua |
Fillos | Shalmaneser III |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Tukulti-Ninurta. Dobregou a Babilonia e someteu Mesopotamia e o actual Líbano e acosou Anatolia. Sufocou unha rebelión en Surn (Bit Halupe). Controla as rotas comerciais entre Mesopotamia e o Mediterráneo. Fundou unha nova capital en Kalaj (Nimrud). Foi temido pola súa crueldade extrema; o esfolamento, o empalamento e as execucións en masa son métodos de terror que someten a poboacións enteiras e disuaden da resistencia ou o levantamento. Os seus éxitos militares débense ao innovador emprego dun novo corpo de ataque: a cabalaría.
Ergueu un gran pazo con revestimento de alabastro e inscricións que relatan as súas fazañas.
Sucedeuno Salmanasar III.