Asturcón
O asturcón ou poni asturiano é unha raza de cabalo rústico e de pequeno tamaño de orixe asturiano. Son pequenos animais cunha alzada media de 1,20 m.
Asturcón | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Asturcón no monte. | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||||||
Equus ferus caballus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Orixe da raza
|
Forma parte das razas que habitan dende a antigüidade os territorios montañosos da Cordilleira Cantábrica. Nestas razas cántabro-pirenaicas distínguense polo menos seis subtipos: o garrano de Portugal, o cabalo galaico en Galicia, o asturcón en Asturias, o monchino en Cantabria, o losino no norte de Burgos e Palencia e o pottoka do histórico País Vasco.
Historia
editarOs ástures empregáronos como animais de monta e tiro, e nalgúns casos puideron ser usados con fins alimenticios ou de sacrificio, como así se constatou nos restos atopados nas escavacións arqueolóxicas do castro de Noega en Xixón (Asturias). Os romanos apreciaron as súas características e utilizáronos nas minas.
O asturcón estivo a piques de perecer polo avance do industrialismo. Hoxe en día, os últimos asturcóns viven na Serra do Sueve, no oriente asturiano, entre os concellos de Parres, Piloña, Caravia e Colunga, e están protexidos polo ACAS.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Granxa Escola Conlleu
- Ecomuséu Ca l'asturcón Páxina do Ecomuseo do Asturcón en Villaviciosa - Asturias.
- Fauna Ibérica: o asturcón
- El Corru Páxina de criadores de cabalos asturcóns.