Astro Nusantara foi unha plataforma de televisión por satélite de pago en Indonesia operada por PT Direct Vision que emitiu entre o 28 de febreiro de 2006 e o 19 de outubro de 2008.

Historia e características editar

A plataforma era unha operación conxunta da Astro All Asia Networks de Malaisia e First Media de Indonesia, filial de Lippo Group. O servizo consistía en 48 canles, incluídos 5 producidos localmente, que se lanzaron baixo a cobertura da plataforma Astro malaia. A finais de 2007 tiña 145.000 subscritores. A mediados de 2008 produciuse unha disputa entre Astro All Asia Networks e Lippo Group, que levou a que o primeiro retirase o apoio cando a licenza para usar o nome de Astro caducou, o que levou ao cesamento das operacións de Astro Nusantara definitivamente.