Astrid (satélite)

Satélite artificial sueco

Astrid ou Astrid 1 é un microsatélite sueco lanzado o 24 de xaneiro de 1995 mediante un foguete Kosmos 3M desde o cosmódromo de Plesetsk.

Astrid
TipoObservatorio da atmosfera superior.
Satélite deTerra
Data de lanzamento24 de xaneiro de 1995, 3:54:22 UTC[1][2][3]
Foguete portadorKosmos 3M[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior da Terra.[2]
NSSDC ID1995-002B
Masa24,7 kg[2][4]
Potencia38,5 W[2][5]
BateríasDúas baterías de níquel-cadmio.[5]
Datos orbitais
Inclinación82,9°[1]
Apoapse1030,4 km[1]
Periapse967,2 km[1]

Características editar

Astrid 1 é o terceiro satélite científico sueco e adicouse a investiga-lo contorno de plasma da Terra, centrándose nos fenómenos relacionados coas partículas neutras para mellorar a comprensión do comportamento dos cintos de radiación e estudar a súa dinámica e morfoloxía. Astrid 1 é o primeiro microsatélite montado sobre a plataforma FREJA-C, cumprindo tamén a función de demostrador tecnolóxico.[2]

O satélite estabilízase mediante xiro, co eixo de xiro apuntando cara ao Sol. O sistema de datos ten unha memoria de 8 MB e as comunicacións teñen lugar a unha velocidade de 8 kbps e a unha frecuencia de 400 MHz cara a estación de terra situada en Kiruna. O satélite tamén fai un pase diario sobre a estación de Esrange, coa que se comunica en banda S a 128 kbps.[2]

O tempo estimado de vida do satélite era dun ano, pero os instrumentos fallaron o 1 de marzo de 1995.[2]

Instrumentación editar

A instrumentación foi deseñada polo Instituto Sueco de Física Espacial de Kiruna, e consiste en tres experimentos:[2]

  • PIPPI (Prelude in Planetary Particle Imaging): trátase de dúas cámaras de partículas neutras e é o instrumento principal do satélite.[4]
  • EMIL (Electron Measurements - In-situ and Lightweight): é un espectrómetro de electróns.[4]
  • MIO (Miniature Imaging Optics): é un fotómetro para o ultravioleta.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ASTRID" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "Astrid" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  3. "Note verbale dated 16 February 1995 from the Permanent Representative of Sweden to the United Nations (New York) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (95-52456T). 23 de marzo de 1995. Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Astrid 1" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Astrid" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar