Aston Martin DBS V12
O Aston Martin DBS V12 é un superdeportivo de altas prestacións deseñado e fabricado por Aston Martin. Dende o intre en que este modelo se presentou, pasou a ser unha icona da marca británica e moitos entendidos do mundo do motor afirman que aínda segue a ser a imaxe de Aston Martin. Malia ser oficialmente presentado no Pebble Beach Concours d'Elegance de 2007, este modelo Aston xa se dera a coñecer no ano 2006 no filme 007 Casino Royale.[1] Cando saiu á venda no 2008, a versión cupé de cambio manual tiña un prezo de 276 837 €, mentres que o modelo con cambio automático custaba 282 124 €. O coche construíase na fábrica de Gaydon (Inglaterra) e o motor na planta de Colonia (Alemaña). Ademais da versión cupé, tamén se creou a versión Volante (convertible) que roldaba os 295 000 €.[2]
NotasEditar
- ↑ "El nuevo Aston Martin de James Bond". autopista.es (en castelán). 17 de novembro de 2006. Consultado o 5 de maio de 2013.
- ↑ "Aston Martin DBS". km77 (en castelán). 6 de agosto de 2009. Consultado o 5 de maio de 2013.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aston Martin DBS V12 |