Fento mariño

especie de planta
(Redirección desde «Asplenium auritum»)

O fento mariño (Asplenium marinum ou Asplenium auritum), é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Medra en todo o litoral atlántico europeo e mediterráneo. Aparece nas tres provincias costeiras galegas.

Descrición editar

É un fento con rizoma oblicuo, cuberto de páleas linear-lanceoladas, con ápice filiforme, de castaño-claras a castaño-escuras. Frondes de até 58 cm, en fascículos laxos; pecíolo xeralmente menor que a lámina, de castaño avermellado a negro acastañado; raque castaño avermellado, verdoso no ápice; lámina 8-37 x 2-8 cm, 1-pinnada,oblongo-lanceolada, coriácea, raramente membranácea; pinnas 1,25-3,5 x0,7-1,5 cm, até 40 a cada lado do raque, curtamente pecioluladas, sésiles ou decorrentes,ovadas, subromboidais ou oblongas, obtusas e asimétricas na base, coa marxe crenada, dentada ou serrada; nervios 2-4 veces bifurcados. Soros(2)6-12(18) por pinna, oblongos, largos, xeralmente non confluentes. Esporas (23)27-32(38) μm de diámetro, ovais, xeralmente con perisporio cristado, con cristas pouco elevadas, reticulado-verrugoso nas aréolas. Ten un número de cromosomas de 2n = 72; n = 36.[1]

Hábitat editar

Atópase en cantís mariños abeirados das vagas, tanto calcarios coma silíceos; rara vez no interior. Litoral atlántico europeo. Adoita medrar nas fendas das rochas.

Medra a plena luz, aínda que atura a sombra, requirindo calor. Aparece no piso colino principalmente. Cómpre de invernos suaves e humidade atmosférica alta. Prefire os solos moi secos (indicador de solos secos), ricos en bases (pH de 5,5 a 8, indiicador de alcalinidade) e moi pobres en azote.

Distribución editar

Medra en todo a Europa atlántica, macaronésica, e en boa parte da beiramar mediterránea occidental. Na Península Ibérica aparece en toda a costa cantábrica e atlántica. Con pequenas poboación en Xirona, Illas Baleares e Valencia. En Galiza medra nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

Taxonomía editar

Asplenium auritum foi descrita por Peter Olof Swartz e publicado en Journal für die Botanik 1800(2): 52. 1801.[2]

Etimoloxía
 
Frondes

O nome galego ‘fento mariño’ (en portugués feto-marinho) refírese ao seu hábitat natural.

O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a dade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). marinum: epíteto referido ao hábitat mariño. auritum: epíteto que significa "orellán".[3]

Sinonimia
  • Asplenium auriculatum (Hook. f.) C.V. Morton & Lellinger
  • Asplenium auritum f. angustisectum Hieron.
  • Asplenium auritum var. auriculatum (Hook. f.) C.V. Morton & Lellinger
  • Asplenium auritum var. macilentum (Kunze ex Klotzsch) T. Moore
  • Asplenium auritum var. moritzianum Hieron.
  • Asplenium auritum var. obtusum Kunze ex Mett.
  • Asplenium auritum var. recognitum (Kunze) Griseb.
  • Asplenium auritum var. rigidum (Sw.) Hook.
  • Asplenium erosum Maxon
  • Asplenium lanceolatum Forssk.
  • Asplenium levyi E. Fourn.
  • Asplenium macilentum Kunze ex Klotzsch
  • Asplenium marinum L.
  • Asplenium marinum var. auriculatum Hook. f.
  • Asplenium plumbeum H. Christ
  • Asplenium recognitum Kunze
  • Asplenium shepherdii var. costaricense Baker
  • Asplenium sulcatum Lam.
  • Asplenium sulcatum var. recognitum Hicken
  • Diplazium bakerianum Domin[4]

Notas editar

  1. Fento mariño en Flora Vascular
  2. "Fento mariño". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  3. en Epítetos Botánicos
  4. "Fento mariño en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2013. Consultado o 07 de maio de 2013. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  2. Correa A., M. D., C. Galdames & M. N. S. Stapf. 2004. Cat. Pl. Vasc. Panamá 1–599. Smithsonian Tropical Research Institute, Panama.
  3. Cowan, C. P. 1983. Flora de Tabasco. Listados Floríst. México 1: 1–123.
  4. Davidse, G., M. Sousa Sánchez & S. Knapp. (eds.) 1995. Psilotaceae a Salviniaceae. Fl. Mesoamer. 1: i–xxi, 1–470.
  5. Flora of North America Editorial Committee, e. 1993. Pteridophytes and Gymnosperms. 2: i–xvi, 1–475. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
  6. Forzza, R. C. & et al. 2010. 2010 Lista de espécies Flora do Brasil. https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/.
  7. Foster, R. C. 1958. A catalogue of the ferns and flowering plants of Bolivia. Contr. Gray Herb. 184: 1–223.
  8. Funk, V. A., P. E. Berry, S. Alexander, T. H. Hollowell & C. L. Kelloff. 2007. Checklist of the Plants of the Guiana Shield (Venezuela: Amazonas, Bolivar, Delta Amacuro; Guyana, Surinam, French Guiana). Contr. U.S. Natl. Herb. 55: 1–584.
  9. Hochreutiner, B. P. G. 1908. Sertum madagascariense. Etude systematique de deux collections de plantes a Madagascar par M.M. J. Guillot et H. Rusillon. Annuaire Conserv. Jard. Bot. Genève 11/12: 35–135.
  10. Hokche, O., P. E. Berry & O. Huber. 2008. 1–860. In O. Hokche, P. E. Berry & O. Huber Nuevo Cat. Fl. Vasc. Venezuela. Fundación Instituto Botánico de Venezuela, Caracas.
  11. Idárraga-Piedrahita, A., R. D. C. Ortiz, R. Callejas Posada & M. Merello. 2011. Flora de Antioquia. Catálogo de las Plantas Vasculares, vol. 2. Listado de las Plantas Vasculares del Departamento de Antioquia. pp. 1–939.
  12. Jørgensen, P. M. & S. León-Yánez. (eds.) 1999. Catalogue of the vascular plants of Ecuador. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 75: i–viii, 1–1181.
  13. Killeen, T. J. & T. S. Schulenberg. 1998. A biological assessment of Parque Nacional Noel Kempff Mercado, Bolivia. RAP Working Papers 10: 1–372.

Ligazóns externas editar