Asplenium

xénero de plantas

Asplenium

Fento das boticas (Asplenium trichomanes subsp. quadrivalens)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pteridophyta
Clase: Pteridopsida
Orde: Blechnales
Familia: Aspleniaceae
Xénero: Asplenium
L.
especies

Véxase no texto

Sinonimia
  • Camptosorus
  • Ceterach
  • Loxoscaphe T.Moore
  • Phyllitis
  • Tarachia

Asplenium L. é un xénero con arredor de 700 especies de fentos, comunmente tratados como único xénero da familia das Aspleniaceae, aínda que algunhas especies son ocasionalmente segregadas nos seus propios xéneros. En Galiza atopamos diferentes especies silvestres coma o fento das boticas, o fento mariño, a cerviña (Asplenium scolopendrium subsp. scolopendrium), o fento negro (Asplenium adiantum – nigrum) ou a douradiña.

Descrición editar

Teñen rizoma curto, vertical, oblicuo ou raramente rastreiro, con páleas de oblongo-triangulares a linear-lanceoladas, algunhas veces filiformes. Frondes fasciculadas; pecíolo negrexado, castaño escuro ou verdoso; lámina palmada, subromboidal, linear, bifurcada ou 1-4 pinnada, con nervadura aberta. Soros de elípticos a lineares; indusio lateral, semellante aos soros en forma e dimensión, abríndose xeralmente cara ao lado do nervio medio. Esporas monoletas, de elipsoidais a esferoidais, con perisporio de verrugoso a equinulado-reticulado.

Usos editar

Poucas especies destes fentos teñen importancia económica no mercado da horticultura. O Asplenium nidus e varias semellantes da mesma especie, comercialízanse activamente coma ornamentais. O fento australiano Asplenium bulbiferum está ás veces dispoñíbel en viveiros, e tamén é de interese co vencellado Asplenium viviparum, polos seus moitos bulbos na fronde que pode desenvolver novas plantas; tamén compartida co Asplenium rhizophyllum, e varias especies mexicanas, incluíndo Asplenium palmeri. O Asplenium platyneuron de América do Norte é tamén vendido en viveiros coma unha planta forte. Porén, moitos destes fentos son epipétricos ou epifíticos e difíciles de cultivar.

Algunhas clasificacións inclúen a Asplenium na orde Aspleniales.

As especies de Asplenium son alimento das larvas de varios Lepidoptera incluíndo a Batrachedra bedelliella, que come exclusivamente a A. nidus.

Etimoloxía

Asplénium: nome xenérico do grego íasplénon = "douradiña". Polas súas supostas virtudes para sandar o bazo.

Taxonomía editar

Especies principais en Galiza editar

Listaxe xeral de especies editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar