Asociación de Lingüística Computacional
A Asociación de Lingüística Computacional (ALC ou ACL, do inglés Association for Computational Linguistics) é un organismo científico centrado no traballo e investigación no eido do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN).[1] Cada ano, organiza un congreso homónimo que constitúe como un dos eventos de maior impacto sobre PLN, xunto co EMNLP.[2][3] Este congreso ten lugar cada verán naqueles lugares onde se levan a cabo investigacións de valor sobre lingüística computacional. Este organismo naceu en 1962, baixo o nome orixinal de Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC). En 1968, pasou a chamarse Asociación de Lingüística Computacional (ALC)[4], e actualmente conta cunha sección europea (EACL, das súas siglas en inglés), unha norteamerican (NAACL, das súas siglas en inglés), e unha asiática (AACL, das súas siglas en inglés).[5][6][7]
Asociación de Lingüística Computacional | |
---|---|
Acrónimo | ACL |
Tipo | sociedade científica, editorial e editor de acceso aberto |
Campo de traballo | lingüística computacional |
Data de fundación | 1962 |
Sede | Stroudsburg |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.aclweb.org/portal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA actual ALC naceu en 1962, baixo o nome Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC) e cunha afiliación inicial de 100 persoas. En 1965, ATALC asumiu a dirección da revista Tradución Automática e Lingüística Computacional. A esta revista sucedéronlle outras, tales como a Revista Norteamericana de Lingüística Computacional (1974–1978, 1980–1983), que despois pasou a chamarse Lingüística Computacional (1984–presente)[8][9]. Desde 1988, MIT Press encárgase da publicación desta revista de ACL.[10][11]
O primeiro congreso anual tivo lugar en 1963, en conxunto coa conferencia nacional da Asociación de Maquinaria Computacional.[12] Durante unha temporada, o congreso anual era relativamente informal e só se publicaban abstracts. Con todo, en 1968, o organismo adoptou o seu nome actual, Asociación de Lingüística Computacional (ALC), e sería en 1979 cando se comezarían a publicar as actas dos congresos, baixo o nome de Proceedings of the ACL, as cales irían tomando paulatinamente a súa forma actual.[8] Moitas das conferencias se organizaron xunto coa Sociedade Lingüística de Estados Unidos de América e outras coa Asociación para a Información de Ciencia e Tecnoloxía e a Asociación de Estudos Cognitivos.[12]
O goberno de Estados Unidos patrocinou moitas das investigacións entre 1989 e 1994, o que tivo como resultado un aumento no índice de retención de persoas autoras, así como un incremento na investigación sobre temas imprescindibles no ámbito de ALC, como recoñecemento de discurso. Xa no século XXI, lográronse manter uns altos índices de autores que unían esforzos nunha disposición máis estable en torno a temas individuais de investigación.[13] Actualmente, ACL contén máis de 100.000 artigos de investigación sobre lingüística computacional e PLN[1].
Conferencia Anual de ACL
editarCada ano, ACL organiza a súa Conferencia Anual,[14] que ten lugar en Europa, Norte América, e Australia e Asia. En 2020, a Conferencia Anual recibiu por primeira vez máis traballos dende China que os Estados Unidos.[15]
Ano | Localización |
---|---|
do 11 ao 16 de agosto de 2024 | Bangkok, Tailandia |
do 9 ao 14 de xullo de 2023 | Toronto, Canadá |
do 22 ao 27 de maio de 2022 | Dublín, Irlanda |
do 1 ao 6 de agosto de 2021 | |
do 5 ao 10 de xullo de 2020 | |
do 28 de xullo ao 2 de agosto de 2019 | Florencia, Italia |
do 15 ao 20 de xullo de 2018 | Melbourne, Australia |
do 30 de xullo ao 4 de agosto de 2017 | Vancouver, Canadá |
do 22 ao 27 de xuño de 2014 | Baltimore, Maryland |
do 19 ao 24 de xuño de 2011 | Portland, Oregón |
do 15 ao 20 de xuño de 2008 | Columbus, Ohio |
do 25 ao 30 de xuño de 2005 | Ann Arbor, Michigan |
do 7 ao 12 de xullo de 2002 | Fildelfia, Pensilvania |
Actividades
editarACL organiza varias das principais conferencias e talleres no campo da lingüística computacional e o Procesamento da Linguaxe Natural. Estas inclúen:
- Conferencia Anual da Asociación de Lingüística Computacional, a conferencia máis importante do organismo
- Métodos Empíricos en Procesamento da Linguaxe Natural (MEPLN)
- Conferencia Conxunta Internacional en Procesamento de Linguaxe Natural (CCIPLN), que ten lugar xunto con outras conferencias seguindo un sistema de turnos
- Conferencia en Aprendizaxe Computacional de Linguaxe Natural (CoNLL)
- Semántica Léxica e Computacional e Avaliación Semántica (SemEval)
- Conferencia Conxunta de Semántica Léxica e Computacional (*SEM)
- Taller en Tradución Automática Estatística (WMT)
Ademais das conferencias, ACL tamén patrocina as revistas Lingüística Computacional e Transaccións da Asociación de Lingüística Computacional (TALC). Os artigos científicos e outras presentacións ofrecidas nos eventos de ACL e outros relacionados co organismo arquívanse en liña na antoloxía ACL Anthology, de acceso aberto.[16]
Grupos de especial interese
editarACL conta cun gran número de grupos de especial interese centrados en áreas específicas do PLN. Algúns destes inclúen:[17]
SIG | Description |
---|---|
SIGANN | Anotación lingüística |
SIGBIOMED | Procesamento de linguaxe biomédica |
SIGDAT | Datos lingüísticos e métodos basados en corpus |
SIGDIAL | Procesamento do diálogo |
SIGFSM | Modelos autómatas finitos |
SIGGEN | Xeración da linguaxe natural |
SIGHAN | Procesamento do chinés |
SIGHUM | Tecnoloxías da linguaxe para as Ciencias Sociais e Humanidades |
SIGLEX | Léxico: o organismo que engloba as avaliacións semánticas de SemEval e as avaliacións palabra-sentido de SENSEVAL |
SIGMT Arquivado 26 de abril de 2021 en Wayback Machine. | Tradución automática |
SIGMOL | Matemáticas da linguaxe |
SIGMORPHON | Morfología e fonoloxía computacional |
SIGNLL | Aprendizaxe da linguaxe natural |
SIGPARSE | Parsing da linguaxe natural |
SIGSEM | Semántica computacional |
SIGSEMITIC | Métodos computacionais para as linguas semíticas |
SIGSLAV | PLN para as linguas eslavas |
SIGSLPAT | Procesamento da fala e a linguaxe para tecnoloxías de asistencia |
SIGTYP | Tipoloxía |
SIGWAC | A web como un corpus |
Presidentes
editarCada ano, ACL elixe un distinguido lingüista computacional que devén vicepresidente da organización no seguinte ano de calendario e presidente un ano máis tarde. Os últimos presidentes de ACL foron:[18]
Year | Name |
---|---|
2022 | Tim Baldwin |
2021 | Rada Mihalcea |
2020 | Hinrich Schütze |
2019 | Zhou Ming |
2018 | Marti Hearst |
2017 | Joakim Nivre |
2016 | Pushpak Bhattacharyya |
2015 | Christopher D. Manning |
2014 | Gertjan van Noord |
2013 | Haifeng Wang |
2012 | Ken Church |
2011 | Kevin Knight |
2010 | Ido Dagan |
2009 | Steven Bird |
2008 | Bonnie Dorr |
2007 | Mark Steedman |
2006 | Jun'ichi Tsujii |
2005 | Martha Palmer |
2004 | Johanna Moore |
2003 | Mark Johnson |
2002 | John Nerbonne |
2001 | Eduard Hovy |
2000 | Wolfgang Wahlster |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "What is the ACL and what is Computational Linguistics?". aclweb.org.
- ↑ "The top 10 NLP Conferences" (en inglés).
- ↑ "Natural Language Processing (NLP) Conferences". conferenceindex.org.
- ↑ "What is the ACL and what is Computational Linguistics?". aclweb.org.
- ↑ "Welcome to the EACL!". www.eacl.org (en inglés).
- ↑ "About NAACL". naacl.org (en inglés).
- ↑ "AACL index". aaclweb.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2023. Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ 8,0 8,1 "Some Notes on ACL History".
- ↑ "Computational Linguistics - ACL Anthology". aclanthology.org. Consultado o 2024-08-30.
- ↑ "MIT Press". mitpressjournals.org (en inglés).
- ↑ "CL Journal". cljournal.org.
- ↑ 12,0 12,1 "Reflections on 20 Years of the ACL: An Introduction": 89–91. doi:10.3115/981251.981273. Consultado o free.
- ↑ "Towards a Computational History of the ACL: 1980-2008": 13–21.
- ↑ "ACL". ACL HomeAssociation for Computational Linguistics (en inglés).
- ↑ "ACL Conference Statistics". ACL2020.
- ↑ "ACL Anthology".
- ↑ "ACL". aclweb.org.
- ↑ "ACL Officers". aclweb.org (en inglés).