Abrir o menú principal

Nas linguas árabe, persa e suahili, a palabra askari significa soldado. Nas linguas occidentais esta palabra é utilizada para definir ás tropas mercenarias indíxenas de África e Oriente que serviron ós exércitos coloniais europeos durante os séculos XIX e XX.

OrixeEditar

Funcións orixinaisEditar

O cometido orixinal dos askari era o de servir de apoio ás tropas coloniais procedentes da metrópole e sufocar as revoltas locais contra estas. Os askari tamén desempeñaron labores policiais e de seguridade persoal.

Invasión de AbisiniaEditar

A finais do século XIX, Italia invade Abisinia. Para iso leva a un bo número de askari para engrosar o seu exército. A invasión é frustrada en 1896 cando o exército abisinio vence ós italianos. Os askari que foron feitos prisioneiros foron mutilados en castigo por seren considerados traidores.

 
Askari surafricano de 1943.

Primeira Guerra MundialEditar

Axiña, os askari tamén se usaron como forza de combate contra os exércitos coloniais doutras nacións. O mellor exemplo disto deuse na Primeira Guerra Mundial, cando o comandante Alemaña Paul von Lettow-Vorbeck se valeu de entre once mil e doce mil askari para manter en xaque ás forzas británicas, moi superiores en número. Os británicos non puideron gañar unha soa batalla contra eles en África oriental en toda a contenda.

Novos significadosEditar

Segunda Guerra MundialEditar

O termo acadou novos significados nas décadas posteriores. Durante a Segunda Guerra Mundial os oficiais das SS o empregaron para denominar ós desertores do Exército Vermello soviético que se unían máis tarde ás filas alemás.

SuráfricaEditar

En Suráfrica chamóuselle askari ós guerrilleiros que combatían orixinalmente contra o réximen do Apartheid e tras seren capturados, colaboraban co exército surafricano coma espías ou mercenarios.

HoxeEditar

Na actualidade, a palabra tamén é empregada nalgúns países africanos para denominar ós soldados armados con lanza ou, simplemente, a aqueles encargados de montar guarda.