Askar Mamin
Askar Uzakbaiuly Mamin (en casaco: Аsqar Uzаqbаıuly Маmın), nado en Tselinogrado o 23 de outubro de 1965 é un político casaco, que ocupou o cargo de primeiro ministro de Casaquistán entre 2019 e 2022.[1][2]
Antes ocupara o cargo de Viceprimeiro ministro do 9 de setembro de 2016 ao 21 de febreiro de 2019. Foi tamén presidente de Qazaqstan Temir Zholy, a empresa ferroviaria nacional de Casaquistán e presidente da Federación de Hóckey sobre xeo de Casaquistán.[3]
De 2005 a 2006 foi Ministro de Transportes e Comunicacións do Goberno de Casaquistán e de 2006 a 2008 alcalde de Astana.
Traxectoria
editarMamin gradouse no Instituto de Enxeñaría Civil de Tselinogrado e na Universidade rusa de Economía de Plekhanov, nas especialidades de economía e enxeñaría civil. Exerceu como Vicedirector xeral da Unión de Empresas Innovadoras de Casaquistán. De 1996 a 2008, foi tenente de alcalde da Cidade de Astana, viceministro de Transportes e Comunicacións da República de Casaquistán e viceministro primeiro de Industria e Comercio da República de Casaquistán.
Foi presidente da empresa nacional ferroviaria Qazaqstan Temir Zholy de 2006 a 2008 e primeiro viceprimeiro ministro dende setembro de 2016.[2]
O 21 de febreiro de 2019 asumiu as funcións do primeiro ministro, tras a dimisión de Bakhitzhan Sagintaiev. Catro días despois a Cámara Baixa de Casaquistán aprobou a súa candidatura e foi nomeado oficialmente Primeiro ministro de Casaquistán.[2]
Vida persoal
editarAskar Mamin está casado con Altynai Mamina. Teñen un fillo e filla: Daniyar, nado en 1986, e Dinara, nada en 1991.
Cargos políticos | ||
---|---|---|
Predecesor: Bakhytzhan Sagintayev |
Primeiro ministro de Casaquistán 2019–present |
Presente |
Predecesor: Umirzak Shukeyev |
Alcalde de Astana 2006–2008 |
Sucesor: Imangali Tasmagambetov |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarNotas
editar- ↑ "Nazarbaev Fires Kazakh Government Over Low Living Standards, Economic Failures" (en inglés). Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Askar Mamin, designado primer ministro de Kazajistán" (en castelán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 11 de xuño de 2019.
- ↑ "Askar Mamin re-elected president of Kazakh Federation" (en inglés). 5 de decembro de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2019.