Asemblea Xeral de Kentucky

Parlamento de Kentucky (Estados Unidos)

A Asemblea Xeral de Kentucky (en inglés, Kentucky General Assembly) é o parlamento do estado de Kentucky nos Estados Unidos. Composto por un total de 138 lexisladores electos por sufraxio universal, a Asemblea conta cunha estrutura bicameral: Senado e Cámara de Representantes. A súa orixe remóntase a 1792, cando Kentucky entrou a formar parte da Unión e se elaborou a súa primeira constitución. O Capitolio Estatal de Kentucky, na cidade de Frankfort, acolle a súa sede.

Asemblea Xeral de Kentucky
Tipoparlamento de estado dos Estados Unidos de América e bicameralismo
SedeCapitólio Estadual do Kentucky
Na rede
https://legislature.ky.gov
editar datos en Wikidata ]
Selo de Kentucky

Composición editar

A Constitución do estado, aprobada en 1891, determina a súa estrutura:[1]

  • O Senado: conta con 38 membros. Representan distritos uninominais e os mandatos son por 4 anos, escolléndose a metade dos senadores cada dous anos. Para ser senador débese contar con residencia no estado dun mínimo de 6 anos e morar no distrito polo que se presenta durante, polo menos o ano anterior.
  • A Cámara de Representantes: conta con 100 deputados escollidos por distritos uninominais. Débense ter, cando menos, 24 anos de idade, tres de veciñanza no estado e un no distrito polo que se presenta, para poder concorrer ás eleccións.

Procedemento lexislativo editar

A principal facultade da Asemblea Xeral de Kentucky é a de elaborar, debater e aprobar as leis do estado. Un lexislador, sexa senador ou representante, pode iniciar o proceso mediante a elaboración dunha proposta. Unha vez rexistrada na cámara á que pertenza o lexislador derívase a a un comité parlamentario segundo a súa temática. Nesa fase, o comité valora e debate a proposta, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí é de novo lida, a segunda lectura, e debátense as emendas, antes de votala. No caso de ser aprobada, envíase á cámara, onde o proxecto seguirá o mesmo procedemento, podendo ser modificada. En tal caso, unha vez rematada o proceso na segunda cámara, volverá a ser votada na cámara orixinal. Se a cámara orixinal rexeita as mudanzas, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado.[2]

Malia ao veto que pode exercer o gobernador sobre unha lei aprobada, a Asemblea Xeral pode revogalo se así o votan a maioría absoluta dos lexisladores en ambas cámaras.

Aínda que a Constitución de Kentucky outorga a ambas as dúas cámaras semellantes poderes, as leis que supoñen incremento da recadación fiscal son iniciadas na Cámara de Representantes.

Notas editar

  1. "The Legislative Department, Kentucky Constitution". Ballotpedia (en inglés). Consultado o 2022-08-28. 
  2. "Legislative Process - Legislative Research Commission". legislature.ky.gov. Consultado o 2022-08-28. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar