Asdrúbal Álvarez Galindo
Asdrúbal Álvarez Galindo, nado en Carcaixent o 19 de febreiro de 1891, foi un empresario e sindicalista español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1891 Carcaixent |
Morte | século XX |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | empresario , sindicalista |
Traxectoria
editarMilitante anarquista, xunto co seu irmán Aníbal formaron parte de organizacións terroristas que realizaron atentados contra a patronal e as autoridades en Barcelona no período 1919-1923.[1] Exportador de peixe do porto da Coruña durante a República. Foi alicerce do Sindicato de la Industria del Transportes. Membro da sociedade patronal de Exportadores de peixe da que foi elixido vicepresidente en 1929.[2]. Foi presidente do Ateneo Popular Coruñés e militou en Izquierda Republicana. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado. Xunto con Maximino Zás mercararon unha pequena embarcación de servizo de porto e organizaron a fuga da motora La Libertaria en xaneiro de 1937. Foi xulgado en Ferrol por sedición e declarado en rebeldía. Embarcou en Santander rumbo a Francia o 25 de febreiro de 1937. Volveu de Francia para loitar pola República. Exiliouse en México.[3]
Vida persoal
editarCasou con Carmen Colom Sentis.
Notas
editar- ↑ Diccionari biogràfic del moviment obrer als països catalans, p. 87.
- ↑ El Pueblo Gallego, 7-3-1929, p. 10.
- ↑ Solicitudes de refugiados españoles en Francia que desean emigrar a Mexico
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira, Dionisio (2011). Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (PDF). Vigo: Xerais. p. 407-408. ISBN 978-84-9914-182-4.
Ligazóns externas
editar- Asdrúbal Álvarez Galindo na páxina web Nomes e Voces.