As amizades perigosas

filme de 1988 dirixido por Stephen Frears

As amizades perigosas (en inglés: Dangerous Liaisons) é un filme estadounidense dirixido por Stephen Frears que se estreou en 1988. Baséase na obra de Christopher Hampton Les liaisons dangereuses, adaptación da novela homónima de Pierre Choderlos de Laclos. A interpretación de Glenn Close, John Malkovich e Michelle Pfeiffer, a fotografía de Philippe Rousselot, o deseño de vestiario de James Acheson e o guión de Hampton, gañou a aclamación da crítica. Swoosie Kurtz, Mildred Natwick e Peter Capaldi interpretan papeis secundarios, así como os daquela relativamente descoñecidos actores Keanu Reeves e Uma Thurman.

As amizades perigosas
Tipofilme Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocinema romántico, cinema dramático, cinema erótico e filme baseado nunha novela Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Director/aStephen Frears Editar o valor en Wikidata
Compositor/aGeorge Fenton Editar o valor en Wikidata
GuionistaChristopher Hampton e Pierre Choderlos de Laclos Editar o valor en Wikidata
Director/a fotografíaPhilippe Rousselot Editar o valor en Wikidata
Editor/a de cineMick Audsley Editar o valor en Wikidata
Temática
Ambientado enParís Editar o valor en Wikidata
Baseado enLes liaisons dangereuses (en) Traducir e Les liaisons dangereuses (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Inspirado na obra deChristopher Hampton Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América e Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Produtor/aHank Moonjean (en) Traducir, Christopher Hampton e Norma Heyman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraLorimar Television (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración1 hora e 59 minutos Editar o valor en Wikidata
Localización
ColecciónMuseo de Arte Moderna de Nova York Editar o valor en Wikidata
Localización rodaxeQ83715730 Traducir, Castelo de Champs-sur-Marne (pt) Traducir, Château de Neuville (en) Traducir, Castelo de Vincennes e Hôtel de Sully (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Ligazóns
RedesIMDB: tt0094947 Filmaffinity: 965705 Allocine: 4593 Rottentomatoes: m/1005199-dangerous_liaisons Mojo: dangerousliaisons Allmovie: am6772 TCM: 72221 Metacritic: movie/dangerous-liaisons TV.com: movies/dangerous-liaisons Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O filme foi nomeado a sete Premios Óscar, incluíndo mellor filme. Gañou os Óscar ó mellor guión adaptado, mellor deseño de vestiario e mellor dirección de arte.[1][2]

Foi emitido na TVG o 10 de xuño de 2002.[3]

Sinopse

editar

A Marquesa de Merteuil pide ao seu amigo, o Vizconde de Valmont, que seduza a filla da súa prima Madame de Volanges. O seu obxectivo é vingarse dun antigo amante, ao que a moza Cecile fora prometida en casamento. Inicialmente, Valmont rexeita a oferta, xulgando a presa demasiado fácil: o seu albo é a recatada Madame de Tourvel, que visita a casa de campo da súa tía mentres o marido está no exterior realizando negocios.

Valmont descobre, entre tanto, que Madame de Volanges escribiu en segredo a Madame de Tourvel para advertila sobre o seu carácter, e decide seguir o plan de Merteuil. Para levar a cabo os seus propósitos, contan coa axuda do profesor de música de Cecile, o inxenuo cabaleiro Danceny, por quen a moza está apaixonada mais que non é visto pola súa nai como un potencial noivo.

Personaxes

editar
  1. oscars.org (ed.). "The 61st Academy Awards (1989) Nominees and Winners". Consultado o 31 de xullo de 2011. 
  2. imdb.com (ed.). "Dangerous Liaisons (1988) - Awards". Consultado o 8 de novembro de 2009. 
  3. La Voz de Galicia, 10 de xuño de 2002. Páx. 70

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar