Arturo Seara
Arturo Seara Fernández, nado o 18 de novembro de 1956 en Ourense como Arturo Fernández Seara e máis coñecido como Arturo Seara,[1] é un exbaloncestista profesional galego. Cunha altura de 1,78 metros, destacou na posición de base. Foi internacional coa Selección Española xuvenil, coa que gañou a medalla de prata no Eurobasket de 1973, e coa sub-23. Porén, non chegou a xogar coa selección absoluta.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1956 (67 anos) Ourense, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarGozou dos seus mellores anos coma xogador no FC Barcelona, club no que militou tres temporadas entre 1983 e 1986. Malia que era o base suplente de Solozábal, participou activamente na consecución dun Mundial de Clubs de Baloncesto e dúas Recopas de Europa. En 2019 mudou oficialmente o seu nome a Arturo Seara Fernández como homenaxe á súa nai.[1] Após a súa retirada, foi director xeral do Club Baloncesto Valladolid.
Clubs
editar- Miñón Valladolid (1ª División / 1ª División B, 1976−1983)
- FC Barcelona (ACB, 1983−1986)
- Fórum Filatélico (ACB, 1986−1988)
- Tenerife Nº 1 (ACB, 1988−1990)
Palmarés
editarClub
editar- Campión do Mundial de Clubs de Baloncesto (1): 1985
- Campión da Recopa de Europa (2): 1985, 1986
- Subcampión da Copa de Europa (1): 1984
Internacional
editar- Medalla de Prata no Eurobasket xuvenil de Angri'1973.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ortiz, Javier (2021). 80 de los 80. Madrid: Ediciones JC. p. 278. ISBN 978-84-15448-56-3.