Arturo Goncerlián
Arturo García González máis coñecido como Arturo Goncerlián, nado na Coruña a finais do século XIX e finado no ano 1969, foi un pianista e compositor[1] galego.
Arturo Goncerlián | |
---|---|
Nome completo | Arturo García González |
Alcume | Arturo Goncerlián |
Nacemento | século XIX |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 1969 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | pianista e compositor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Viaxou con diversas compañías de teatro pola zona de Valladolid[2] e Albacete[3] sendo compositor de zarzuela nas mesmas. Foi membro da primeira formación da Orquestra Mallo dende o final da guerra civil española ata o final da década de 1940. A partir desta data centrouse na súa actividade como compositor. Tivo amizade co empresario teatral e director de escena español Arturo Serrano Arín.
No máximo apoxeo da música zarzuela española a principios do século XX compuxo música en colaboración con Joaquín Candela Ardid e Javier de Burgos y Rizzoli. Ademais musicou libretos de zarzuela de Luis Linares Becerra e Emilio Sánchez Pastor.
Obra editar
- La Calumnia (1908; zarzuela nun acto e tres cadros[4][5])
- María de Africa (1909; zarzuela dramática[6] nun acto, dividido en cinco cadros[7])
- El clown Bebé (1909; zarzuela. comedia lírica en tres cadros e epílogo.
- A ver si va a poder ser! (1910; zarzuela dividida en cinco cadros e prólogo.
- Ahí queda eso, o, El belén de don Antonio (1910; zarzuela; nacemento político nun acto, dividido nun prólogo e tres cadros.
- La corte de Gorgonia (1910; zarzuela)
- Suspiros do mar (1915; valse lento)
- "Asturias"-"Galicia"-"Navarra"-"Vizcaya"[8] (1958, cancións populares)
- "Los chiquis" (1958; cancións populares; grupo musical).
Notas editar
- ↑ Fundación Juan March, Biblioteca de teatro español Contemporáneo. "Catálogo de libretos españoles (S. XIX - S.XX)" (PDF).
- ↑ Ambiente musical en Valladolid. ""El norte de castilla" 1910-1912" (PDF).
- ↑ Estreno El Clown Bebe, Albacete. "La vida escénica en Albacete" (PDF).
- ↑ Catálogo mundial en español, Arturo Goncerlián. "Zarzuelas".
- ↑ La Calumnia, Zarzuela. "Libreto".
- ↑ María de África, Zarzuela. "Libreto".
- ↑ Biblioteca digital hispánica, Arturo Goncerlián. "libreto".
- ↑ Biblioteca Nacional de España. "Arturo Goncerlián".