Arthur Verocai
Arthur Côrtes Verocai, nado no Río de Xaneiro o 17 de xuño de 1945 é un compositor destacado da escena folk-jazz brasileira. Pioneiro da música brasileira nos anos sesenta compuxo cancións e arranxos musicais para Marcos Valle, Jorge Ben, Ivan Lins o grupo progresivo O Terço (primeiro grupo de Vinicius Cantuária) e foi un destacado produtor musical para a TV Globo, contratado por Elis Regin.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xuño de 1945 (79 anos) Río de Xaneiro, Brasil |
Actividade | |
Lugar de traballo | Río de Xaneiro |
Ocupación | compositor, produtor musical, arranxador musical, guitarrista, director de orquestra, pianista, compositor de cancións |
Período de actividade | 1969 - |
Xénero artístico | Bossa nova e música latina |
Instrumento | Piano, guitarra acústica e voz |
Selo discográfico | Far Out Recordings (pt) Continental |
Traxectoria
editarComezou a súa carreira como músico no Brasil dos anos 60 inspirado por Leny Andrade, como guitarrista, compoñendo unha canción para o vinilo de Andrade con 21 anos de idade. Como estudante universitario gradúase en enxeñaría civil, en 1969 traballou na ponte sobre o río Netori.
No seu comezo como compositor estivo educado por Erlon Chaves, músico de samba brasileiro. Despois destas titorías así comezou Verocai a súa carreira musical: arranxando cancións para varios artistas brasileiros, que compartían os seus mesmos gustos e intereses en canto aos tipos de música. En 1972, publicou o seu primeiro álbum titulado Arthur Verocai cunha sonoridade soul, folk, samba e jazz. No ano 1971 colabora no álbum Agora de Ivan Lins mostrando un interese orixinal no Brasil en mesturar soul e samba, tendencia compartida por Tim Maia, inspiración citada por Verocai[2]. Aínda que a súa colaboración con outros artistas brasileiros fíxoo relativamente coñecido, o seu álbum non conseguiu repercutir no público. Ante a falta de vendas e apoio, comezou a traballar de forma independente con empresas de televisión e publicidade, compoñendo para radio, entre outros traballos paralelos en publicidade.
Na década de 1990, as súas composicións fixéronse populares en Europa e, finalmente, nos Estados Unidos. Amosárono artistas coñecidos como Little Brother, SchoolBoyQ e MF DOOM ao samplear as antigas cancións de Verocai no seus discos. Durante este período de fama unha copia orixinal do seu álbum vendeuse por 2.000 dólares en Estados Unidos e por 5.000 en Xapón, e, aproveitando a súa oportunidade, Verocai volveu lanzar o álbum nos Estados Unidos a cargo do selo californiano Ubiquity. Tras a saída da reedición o produtor 9th Wonder sampleou ‘Caboclo’ para o seu grupo Little Brother e MF Doom utilizou ‘Na Boca Do Sol’. Este pico de renome inspirou a Verocai a continuar a súa carreira musical e lanzar o seu álbum Encore, no que colaborou o grupo carioca Azymuth, o 15 de outubro de 2007. O 15 de marzo de 2009, tocou un concerto con entradas esgotadas chamado Timeless en Os Ánxeles, unha colaboración con Madlib e unha orquestra de 30 persoas.
Notas
editar- ↑ "The Timelessness of Arthur Verocai". 11 de agosto de 2023.
- ↑ "Arthur Verocai, de la hibernación a la eternidad". 23 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- GINELL, Richard S. Azymuth - Biography. Publicado em Allmusic. Páxina visitada o 10 de decembro de 2023.