Arteria palmar fonda

A arteria palmar fonda é unha arteria do membro superior humano, pertencente á man. É unha póla da arteria cubital, que se orixina na zona medial desta arteria, xusto distal ao pisiforme e chega ata a eminencia hipotenar. Cúrvase ao redor do óso ganchudo para acadar o plano fondo da palma da man, para anastomosarse co arco arterial fondo da man, procedente da arteria radial.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)