Arte paleolítica en Galicia

Os restos de arte paleolítica en Galiza son moi poucos debido á escaseza de covas neste territorio (practicamente só hai restos de ocres e colorantes minerais) e a que a arte móbel se realizaba fundamentalmente sobre ósos e estes, debido á acidez da terra, non se conservan con facilidade.

Da arte móbel só se conservan un colgante e unha azagaia. O colgante atopouse na estación paleolítica de Férvedes II (Xermade) e atópase actualmente no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. O material é, posibelmente, esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenianos do Cantábrico.

A azagaia fíxose con óso, é lixeiramente aplanada e de perfil recto. Está decorada cunha incisión horizontal.

Recentemente descubriuse a Cova Eirós, unha gruta natural sita no concello de Triacastela (Lugo). A caverna é un sitio arqueolóxico que forneceu materiais líticos pertencentes ao Paleolítico Medio e Superior, xunto con restos de fauna e flora da época. O 20 de agosto de 2012 fíxose público o achado de pinturas e gravados rupestres que se poderían remontar a 30.000 anos de antigüidade, sendo a primeira mostra de arte rupestre atopada en Galicia e que motivaron a súa declaración como Ben de Interese Cultural[1].

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar