Antalis novemcostata

especie de molusco

Antalis novemcostata

Cunchas de Antalis novemcostata
no Rijksmuseum van Natuurlijke Historie, Leiden
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Scaphopoda
Orde: Dentaliida
Familia: Dentaliidae
Xénero: Antalis
Especie: A. novemcostata
Nome binomial
Antalis novemcostata
(Lamarck, 1818)

Antalis novemcostata é unha especie de molusco escafópodo da orde dos dentalíidos (Dentaliida) e da familia do mesmo nome (Dentaliidae), unha das moitas que incúe o xénero Antalis.[1]

Descrición editar

A especie Antalis novemcostata foi descrita en 1818 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck, co nome de Dentalium novencostatum,[2] no tomo V da súa obra Histoire naturelle des animaux sans vertèbres. (Ver en liña).

Sinonimia editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido coñeceuse durante moito tempo polo sinónimo Dentalium novemcostatum Lamark, 1818.[1]

Características editar

Ten a cuncha de até 50 mm de lonxitude, moi semellante á da outra especie galega do xénero, A. vulgaris, da que se diferencia polas súas fortes costelas lonxitudinais, e polo seu extremo apical, máis afiado; a cor da cuncha é abrancazada, ás veces con manchas rosadas. O animal é de cor abrancazada. Vive en fondos de area lamacenta na rexión infralitoral.[3]

En Galicia editar

En Galicia é abundante no interior das rías.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Antalis novemcostata (Lamarck, 1818) no WoRMS.
  2. Dentalium novemcostatum Lamarck, 1818 no WoRMS]
  3. 3,0 3,1 Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996), páx. 269.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados, 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 0-87893-097-3.
  • D'Ancona, Humberto (1972): "Escafópdos" en Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A., pp. 747–748.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): "Escafópodos o solenoconos", pp. 421.424, en Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Rolán, Emilio e Otero-Schmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-072-3.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): "Scaphopoda", en Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2, p. 160.
  • Steiner, G. & Kabat, A. R. (2001): "Catalogue of supraspecific taxa of Scaphopoda (Mollusca)" Zoosystema 23 (3): 433-460.Ver en liña.
  • VV. AA. (1968): "Escafópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 272–274.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar