Abrir o menú principal
Retrato de Henri Rousseau.

A arte naíf[1] é unha denominación que se lle aplica á corrente artística caracterizada pola candidez, inxenuidade, espontaniedade, o autodidactismo dos autores e as cores rechamantes e antinaturalistas. Os seus motivos acostuman a relacionarse coa vida campesiña, a vida familiar, os costumes e a relixión, representados sempre con grande imaxinación e vivacidade.

O interese pola frescura e o lirismo, desenvólvese primeiro en Francia a comezos do século XX, da man de artistas como o "aduaneiro" Henri Rousseau que influe na pintura de Grandma Moses en Estados Unidos e Alfred Wallis en Inglaterra.

O naíf propiamente dito adoita atoparse en certas pinturas populares ou folclóricas, destas as máis coñecidas durante o sçexulo XX producíronse en Haití e na ex-Iugoslavia, sendo os seus autores descoñecidos ou practicamente descoñecidos. En Bulgaria Radi Nedelchev coñécese como o representante da arte naíf.

Na Arxentina, coetáneo ó francés Rousseau, Cándido López chegou a unha expresión formal moi próxima ó naíf aínda que ambolos dous pintores xamais tiveron coñecementos das súas respectivas vidas e obras, e por ende non houbo ningún influxo mutuo, mentres que Pilar Sala agrega a esa pintura inocente unha cota de picardía e ilusión.

En España o pintor Manuel Moral Mozas se lle considera representante desta corrente.

Índice

Artistas naífEditar

Século XVIIIEditar

Século XIXEditar

Século XXEditar

NotasEditar

  1. {DRAG|Naíf}}

Véxase taménEditar