Séraphine Louis

pintora francesa

Séraphine Louis, coñecida como Séraphine de Senlis, nada en Arsy (Oise) o 3 de setembro de 1864 e finada en Villers-sous-Erquery o 11 de decembro de 1942, foi unha pintora francesa de arte naíf. Autodidacta, foi inspirada pola súa fe relixiosa, as vidreiras das igrexas e outras artes relixiosas. A intensidade das súas imaxes, con cores e deseños repetidos, interpretouse ás veces como un reflexo da súa propia psique, camiñando entre o éxtase e a enfermidade mental.

Infotaula de personaSéraphine Louis

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Séraphine de Senlis Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1864 Editar o valor em Wikidata
Arsy, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte11 de decembro de 1942 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Clermont, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora Editar o valor em Wikidata
MovementoArte Naïf Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xullo de 1955documenta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisAntoine Frédéric Louis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Adeline Victorine Julie Maillard (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Louis naceu en Arsy en 1864. O seu pai era un traballador manual e a súa nai era de orixe granxeira. A nai de Louis faleceu no seu primeiro aniversario e o seu pai, que máis adiante casou, tamén morreu antes de que cumprise sete anos; nese momento quedou ao cargo da súa irmá máis vella. Traballou primeiro como pastora, mais contra 1881 foi contratada como traballadora doméstica nun convento das Irmás da Providencia en Clermont, Oise. Dende 1901, traballou como ama de chaves para familias de clase media na vila de Senlis.

Carreira editar

Ademais dos seus duros traballos diarios, Louis pintaba con candeas, sobre todo illada e en segredo, ata que a súa enorme obra foi descuberta en 1912 polo coleccionista de arte alemán Wilhelm Uhde.[1] Mentres estaba en Senlis, Uhde viu un bodegón con mazás na casa da súa veciña e asombrouse ao descubrir que Louis, que limpaba a súa casa, era a autora.[2] O seu apoio apenas comezara cando foi obrigado a abandonar Francia en agosto de 1914; a guerra entre Francia e Alemaña convertérano nun forasteiro indesexado en Senlis, como tamén o era Louis pola súa personalidade excéntrica. Só volveron a establecer contacto en 1927, cando Uhde, de novo en Francia e residindo en Chantilly, visitou unha exposición de artistas locais en Senlis e, vendo a obra de Louis, deuse de conta de que aínda estaba viva e de que a súa arte florecera. Baixo o padroado de Uhde, Louis comezou a pintar lenzos máis grandes, algúns de dous metros de alto, e acadou importancia como pintora naíf. En 1929, Uhde organizou unha exposición, "Pintores do Sagrado Corazón", que incluía obras de Louis, lanzándoa a un período de éxito financeiro que nunca tivera e para o que non estaba preparada. Entón, en 1930, por efecto da Gran Depresión que destruíu as finanzas dos seus padróns, Uhde non tivo máis remedio que deixar de comprar os seus cadros.

Pasamento editar

En 1932, Louis ingresou por psicose crónica no sanatorio de Clermont, onde a súa arte non tivo saída. Aínda que Uhde informou de que faleceu en 1934,[3] dise que Louis realmente viviu ata 1942 nun anexo do hospital de Villers-sous-Erquery, onde morreu sen amigos e soa.[2] Foi soterrada nunha fosa común.

Uhde continuou a mostrar o seu traballo: en 1932 na exposición "Os primitivos modernos" en París; en 1937-38 nunha exposición titulada "Os mestres populares da realidade" que se mostrou en París, Zürich e o Museum of Modern Art de Nova York; en 1942, na mostra "Primitivos do século XX" en París e finalmente en 1945, nunha exposición en solitario tamén na capital francesa.

Obras editar

 
L'arbre de vie ("A árbore da vida"), 1928

Os traballos de Louis son sobre todo ricas fantasías de arranxos de flores repetidas con intensidade. Empregaba cores e pigmentos feitos por ela mesma a partir de ingredientes raros e exóticos que nunca revelou e que soportaron o paso do tempo con viveza. As superficies das súas pinturas teñen unha aparencia mate, case de cera. Ás veces a súa sinatura (tipicamente "S. Louis") estaba tallada con coitelo, revelando un fondo de cor en contraste. Nalgúns casos, parece que asinou os seus cadros antes de pintalos.

Louis era unha artista consumida por unha necesidade incontrolable de crear, "esta famosa necesidade interna de que falaba Kandinsky", expresión empregada por Bertrand Lorquin, conservador do Musée Maillol de París na súa introdución á exposición "Séraphine Louis dite Séraphine de Senlis" que tivo lugar entre o 1 de outubro de 2008 e o 18 de maio de 2009.

Legado editar

As pinturas de Louis exhíbense no museo de arte de Senlis, o museo de arte naíf de Niza e o Musée d'Art moderne Lille Métropole de Villeneuve-d'Ascq.

En 2009, o filme biográfico Séraphine do director Martin Provost gañou sete premios César, incluídos os de mellor filme e mellor actriz para Yolande Moreau que interpretou a pintora. O filme explora a relación entre Louis e Wilhelm Uhde dende o seu primeiro encontro en 1912 ata os seus días no sanatorio de Clermont.[4]

Notas editar

  1. Hamilton, George Heard (1993). Painting and Sculpture in Europe 1880–1940. Yale University Press. p. 226. ISBN 0-300-05649-4. 
  2. 2,0 2,1 Greer, Germaine (2001). The Obstacle Race: The Fortunes of Women Painters and Their Work. Tauris Parke Paperbacks. pp. 121–122. ISBN 1-86064-677-8. 
  3. Véxase o cartel dunha exposición de 1945
  4. Ebert, Roger (17 de xuño de 2009). "Séraphine review". Roger Ebert, SunTimes. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 27 de xullo de 2011. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Wilhelm Uhde, Cinq Maitres Primitifs, pp. 127–139, Librairie Palmes (3, place Saint-Sulpice, París), Philippe Daudy Editeur, París, 1949
  • H M Gallot Séraphine, bouquetiére 'sans rivale' des fleurs maudites de l'instinct in L'Information artistique, N° 40, Etude de, pp 32, maio de 1957
  • Jean-Pierre Foucher, Séraphine de Senlis, Éditions du Temps, coll., París, 1968, pp 124.
  • Alain Vircondelet, Séraphine de Senlis, Albin Michel, coll., Une Vie, París, 1986, pp 217, 8 p. de planches illustrées.
  • Alain Vircondelet, Séraphine : de la peinture à la folie, éditions Albin Michel, París, 2008, pp 211.
  • Françoise Cloarec, Séraphine : la vie rêvée de Séraphine de Senlis, Éditions Phébus, París, 2008, pp 172, 8 p. de planches illustrées .
  • Marie-Jo Bonnet, Séraphine Louis, un génie singulier, LM, Lesbia mag, N° 265, decembro de 2008.
  • Catalogue de l'exposition Séraphine de Senlis, présentée à Paris, du 1st octobre 2008 au 5 janvier 2009, par la Fondation Dina Vierny et le Musée Maillol, avec la collaboration de la ville de Senlis. Textes de Bertrand Lorquin, Wilhelm Uhde et Jean-Louis Derenne. Publication : éditions Gallimard, Fondation Dina Vierny et Musée Maillol, París, 2008, pp 55, (Gallimard) ou (Fondation Dina Vierny et Musée Maillol).

Ligazóns externas editar