Artavasdes I de Armenia
Artavasdes I de Armenia (en armenio: Արտավազդ Առաջին), foi fillo do Rei de Armenia, Artaxias I de Armenia, e da raíña Satenik. Tras a morte do seu pai en 160/159 a. C., ascendeu ao trono de Armenia, territorio que gobernou entre os anos 160/159 a. C. e 115 a.C.
Artavasdes I de Armenia | |
---|---|
Rei de Armenia | |
Predecesor | Artaxias I de Armenia |
Sucesor | Tigranes I de Armenia |
Proxenitores | Artaxias I de Armenia Raíña Satenik |
Traxectoria Editar
Durante o seu reinado, Artavasdes rexeitou varios intentos do Imperio Parto de invadir Armenia, pero foi derrotado por Mitrídates II, que anexionou os territorios que integraban Armenia do Leste e tomou ao seu fillo, Tigranes, como refén. Á súa morte foi sucedido no trono de Armenia por Tigranes I.
Segundo o historiador Cyril Toumanoff, Artavasdes foi o rei que, de acordo cos anais medievais xeorxianos, interferiu en Iberia a petición dun nobre local, e instalou ao seu fillo, Arshak, no trono da rexión. Dese modo Artavasdes puido ser o responsable da institución da Dinastía Artáxida de Iberia.[1]
Notas Editar
- ↑ Rapp, Stephen H. (2003), Studies In Medieval Georgian Historiography: Early Texts And Eurasian Contexts, p. 282. Peeters Bvba ISBN 90-429-1318-5.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Outros artigos Editar
Predecesor: Artaxias I |
Rei de Armenia 160/159 a. C. – 115 a. C. |
Sucesor: Tigranes I |