Arquivo Histórico Provincial de Lugo

Fachada do Arquivo Histórico Provincial de Lugo.

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo é un centro de titularidade estatal e xestión transferida dende 1989 á Comunidade Autónoma de Galicia. Depende organicamente da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Lugo e, funcionalmente, da Subdirección Xeral de Arquivos, dentro da Secretaría Xeral de Cultura. Actualmente, custodia uns 18.000 m de documentación, procedente de todos os ámbitos e sectores da provincia. Presta servizo ao público, á administración e aos investigadores. Ten a súa sede nun edificio funcional situado na rúa Cambria, nas proximidades do centro da cidade.

HistoriaEditar

O Arquivo Histórico Provincial de Lugo foi creado pola Orde do Ministerio de Educación Nacional do 10 de maio de 1951, como resultado dun longo proceso iniciado en 1938 polo Padroado Provincial de Arquivos, Bibliotecas e Museos, a partir da publicación do Decreto conxunto dos ministerios de Xustiza e Instrución Pública e Belas Artes do 12 de novembro de 1931, polo que se crean os arquivos históricos provinciais.

Instalouse provisionalmente nuns locais cedidos pola Deputación no Pazo Provincial, provisionalidade que se mantivo ao longo de 37 anos, dende 1951 ata 1988, data na que se constrúe un edificio propio.

Coa construccón deste edificio, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo dispón de espazo para exercer os seus labores de custodia e servizo. Ata entón, e a causa do exiguo dos depósitos, só podía recoller os protocolos notariais do distrito de Lugo, do arquivo municipal da capital e das contadorías de hipotecas da cidade, pero os novos locais permítenlle cumprir desafogadamente coas súas funcións.

De titularidade estatal e xestión transferida á Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa lexislación vixente, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo, é o encargado de recibir, custodiar e servir a documentación producida polos órganos da Administración periférica do Estado na provincia de Lugo, a documentación xudicial e tamén a producida polos órganos periféricos da Xunta de Galicia en Lugo. Ademais recolle documentación mediante compra, doazón ou depósito de fondos privados ou coleccións documentais. Forma parte do Sistema de Arquivos de Galicia e do Sistema Estatal de Arquivos.

EdificioEditar

O edificio ten seis plantas, tres subterráneas, todas elas coas instalacións e coas medidas de seguridade precisas para o óptimo cumprimento das súas funcións, así como accesos e servizos para discapacitados.

Nos tres andares a nivel do chan atópanse os locais de traballo e de servizo ao público. Na planta baixa, sitúase o dique de recepción de documentos, a sala de limpeza e desinfección e a zona de usos múltiples, para exposicións e actividades de difusión. Na primeira planta, oficinas, despachos, sala de repografía, mecanización, sala de investigadores e biblioteca auxiliar. No segundo andar, atópase a sala de clasificación de documentos, os laboratorios de restauración, as salas de fotografía e microfilmación e as salas de traballo técnico.

Os depósitos sitúanse nas tres plantas subterráneas, capaces de albergar uns 20.000 metros de documentos nos compactos de que están dotados.

Cada planta está dividida en tres depósitos, cada un de aproximadamente 200 m2, con pintura ignífuga e antifungos, con portas antiincendios, instalación eléctrica en tubos antideflagrantes, sistema de ventilación mecánica, control de temperatura e humidade, sistema de detección para fumes e extinción de incendios automática por auga micronizada. O acceso, que está nitidamente separado da zona de uso público, realízase a través de escaleiras e de montacargas, exteriores aos depósitos para evitar riscos.

  • Metros cadrados dos depósitos: 2.262, 84 m2
  • Metros de andeis: 20.000 m
  • Metros de documentación: 18.965
  • Unidades de instalación: 113.810 organizadas e instaladas definitivamente (15.487 m2) e 3.446 sen organizar ou en proceso de organización
  • Metros cadrados totais: 3.501,48 m2

FinsEditar

A finalidade do Arquivo baséase en tres preceptos recollidos na Constitución Española de 1978:

  • Principio de eficacia de las Administraciones Públicas (art. 103.1). El papel de los archivos en la gestión administrativa es imprescindible para dotar a las administraciones públicas de un instrumento que facilite las decisiones de sus órganos y, de esta forma, mejorar el servicio que prestan. Los archivos justifican las actuaciones y actividades de los organismos, testimonian los derechos y deberes de las instituciones y de la ciudadanía, garantizan la transparencia y legalidad de las actuaciones de las administraciones públicas en el ejercicio de sus competencias y apoyan las medidas necesarias para la simplificación y racionalización de los procedimientos administrativos.
  • Derecho de acceso de las personas a los archivos y registros administrativos (art. 105.b). El derecho de acceso a la información trata del reconocimiento expreso por la administración pública de que todas las personas tienen derecho a conocer, de manera clara y fehaciente, las actuaciones que directamente les atañen o interesan. Directamente relacionado con el principio de transparencia del sector público, el acceso a la información generada por las instituciones en el ejercicio de sus competencias se considera un derecho fundamental en una sociedad democrática, pues su ejercicio favorece la participación ciudadana y fortalece los principios de seguridad jurídica y publicidad en la gestión de los asuntos públicos.
  • Conservación del patrimonio documental público (art. 46). Los archivos tienen la obligación de conservar y custodiar el patrimonio documental público para uso y disfrute por las generaciones actuales y futuras.

Obxectivos e funciónsEditar

O Arquivo naceu para recoller, servir e custudiar os protocolos notariais da provincia e, en virtude da lexislación que desenvolve as súas funcións, foi asumindo progresivamente outros fondos e documentos, como os dos órganos xudiciais provinciais ou os das administracións central e autonómica na provincia.

Custodia tamén documentos de procedencia privada (asociacións, empresas, familias...) e, en depósito, os do Concello de Lugo.

Cronoloxicamente, os seus fondos documentais abarcan dende o século XV ata o século XX, pero existe algún documento datado no século XIV.

O arquivo responde á tipoloxía de arquivo intermedio e histórico e o ámbito territorial que agrangue é o da provincia de Lugo.

Fondos documentaisEditar

Fondos públicos:

  • Administración de Xustiza: Audiencia Provincial de Lugo, Audiencia de lo Criminal de Mondoñedo; xulgados de partido, local e xurisdicións especiais.
  • De fe pública: fondos notariais e contadorías de hipotecas.
  • Da administración periférica do estado: custodia a documentación producida polos servizos provinciais da Administración central ou institucional, que deberá ser remitida aos arquivos provinciais. O AHPLU custodia fondos de ámbito provincial, como son os do Goberno Civil de Lugo, o Padroado para la Mellora do Medo Rural, os documentos procedentes dos departamentos provinciais do Ministerio de Economía e Facenda en Lugo, así como os das ofcinas liquidadoras de Facenda nas distintas localidades da provincia, e das delegacións na provincia do Instituto Nacional de Estadística, da Xerencia Territorial do Catastro de Lugo, dos ministerios de Comercio, Consumo, Cultura, Educación, Industria, Medio Rural, Política Territorial, Sanidade, Seguridade e Interior, Servizos Sociais, Traballo e Turismo.
  • Da administración territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, custodia os fondos da totalidade dos departamentos, salvo Pesca. É dicir: Adminitracións Públicas, Economía e Facenda, Comercio e Consumo, Cultura, Educación e Investigación, Industria, Medio Ambiente, Medio Rural, Política Territorial, Sanidade, Seguridade e Interior, Servizos Sociais, Traballo e Turismo, tamén a documentación das oficinas liquidadoras das diferentes localidades da provincia.
  • Fondos das institucións englobadas no Movemento Nacional instauradas a partir do alzamento militar de 1936: delegacións provinciais da Sección Feminina, delegación provincial de Educación Física e Deportes da Fronte de Xuventudes.
  • Da administración corporativa, custódianse os fondos das cámaras agrarias, da propiedade urbana e do sindicato vertical da época franquista.
  • Da administración electoral, custodia os fondos da Xunta Electoral Provincial.

Fondos privados:

  • De persoas e familias, empresas, asociacións e fundacións.

Coleccións:

Na actualidade, o arquivo reúne máis de 90 fondos diferentes que comprenden 19 km de documentación.

Localización e ServizosEditar

LocalizaciónEditar

Rúa Cambria, s/n
27002 Lugo (España)
Teléfono:+34 982 227 956
Fax:+34 982 225 806
Correo electrónico: ahp.lugo.informacion @ xunta.es
Sitio web: http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-historico-provincial-de-lugo/index.html?lang=gl
Persoa de contacto: Mª Dolores Pereira Oliveira (Directora).

Servizos de axuda á investigaciónEditar

  • Sala de investigadores, con posibilidade de utilizar ordenadores e cámaras fotográficas propias, suxeito á normativa de consulta.
  • Instrumentos de descrición en papel e OPAC para acceder ás bases de datos dos fondos.
  • Lectores de microfilm e ordenadores a disposición do público.
  • Servizo de asesoramiento para a busca e a localización de documentos.
  • Consulta a través de correo postal, correo electrónico e fax.
  • Biblioteca auxiliar de referencia.

Servizos de reproduciónEditar

  • Realízanse copias en papel e dixitais. Formatos en papel: A4, A3 e superiores para documentos de gran tamaño. Tamén existe a posibilidad de gravar imaxes.
  • As reproducións están suxeitas ás tarifas establecidas na normativa vixente que inclúe a realización da copia, a autorización para a súa edición, se é o caso, e o envío postal das copias.
  • A solicitude de reprodución en sala realízase mediante un formulario. A reprodución para a edición necesita da autorización expresa dos responsables do arquivo e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • A reprodución debe respectar a finalidade para a que se concede a autorización.

Espazos públicosEditar

  • Sala de usos múltiples.
  • Biblioteca auxiliar de referencia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Casas e rúas de Lugo, 1890-1920. A conformación da cidade actual. Lugo: Xunta de Galicia, D.L., 1991.
  • Fernández Gallego, Mª José; Pereira Oliveira, Mª Dolores; Villares Cuba, Dulce Mª. Archivo Histórico Provincial de Lugo. Guía de sus fondos. Lugo: Diputación Provincial, 1992.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A muralla de papel. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia, D.L.1992.
  • Jaramillo Guerreira, Miguel Ángel. Guía del Archivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, D.L. 1993.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A cidade e as xentes I. Lugo, 1940-1949. Fotografías de José Luis Vega. Lugo: Xunta de Galicia, D.L., 1995.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A cidade e as xentes II. Lugo, 1950-1959. Fotografías de José Luis Vega. Lugo: Xunta de Galicia, D.L., 1996.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Un arquivo de cine: O Arquivo Histórico Provincial de Lugo e o centenario do cinematógrafo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1996.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. A cidade e as xentes III. Lugo, 1960-1969. Fotografías de José Luis Vega. Lugo: Xunta de Galicia, D.L., 1997.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Lugo Monumental. Fotografías de Juan José Vivancos no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1997.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. As nosas paisaxes. Fotografías de Juan José Vivancos no Arquivo Histórico Provincial. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 1999.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Lugo nun obxectivo: fondo fotográfico Juan José no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2000.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Loty: As fotografías de Charles Alberty Jeanneret no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, 2001.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Minaría. Expedientes de explotación mineiras no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, D.L., 2004.
  • Arquivo Histórico Provincial de Lugo. O Catastro do Marqués de la Ensenada no Arquivo Histórico Provincial de Lugo. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, D.L., 2006.

Ligazóns externasEditar