Arquidiocese ortodoxa romanesa de Arad

A arquidiocese de Arad (en romanés: Arhiepiscopia Aradului) é unha división eclesiástica ortodoxa da Igrexa ortodoxa romanesa con sé na cidade de Arad, baixo a autoridade da Metrópole de Banat. A súa xurisdición esténdese dende 2009 á totalidade do condado de Arad, aínda que anteriormente abranguía tamén o condado de Hunedoara. O seu actual arcebispo é Timotei Seviciu.

Modelo:Xeografía políticaArquidiocese ortodoxa romanesa de Arad
Imaxe

Localización
Xeografía
Parte de
CatedralHoly Trinity Cathedral (en) Traducir
Cathedral of the Nativity of John the Baptist in Arad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webarhiepiscopiaaradului.ro Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A diocese de Arad foi fundada no ano 1706 para acoller aos ortodoxos serbios refuxiados do Imperio Otomán no territorio do Reino de Hungría, controlado daquela pola Casa de Habsburgo. No ano 1690 o bispo Isaia Diacovici obtera do emperador Leopoldo I de Viena os "privilexios de Iliria", que daban liberdade relixiosa e autonomía política aos serbios ortodoxos no territorio baixo administración imperial, facendo que se estabeleceran arredor de 40.000 familias en Banat e Crișana, acompañados de numerosos cregos. O 15 de abril de 1706 o bispo serbio Isaia obtivo do emperador Xosé I a aprobación para a creación do arcebispado.

Na década de 1830, durante o episcopado de Gherasim Raţ, a lingua litúrxica eslava foi substituída gradualmente pola lingua romanesa. Pouco despois, a escola relixiosa serbia foi abolida e substituída por unha escola de lingua romanesa.


 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.