Arne Næss
Arne Dekke Eide Næss, nado en Oslo o 27 de xaneiro de 1912 e finado o 12 de xaneiro de 2009, foi un filósofo noruegués, fundador da ecoloxía profunda. Foi o catedrático máis novo en impartir clase na Universidade de Oslo, cargo que exerceu ininterrompidamente dende 1939 a 1970.
Nome orixinal | (nb) Arne Dekke Eide Næss |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de xaneiro de 1912 Slemdal, Noruega |
Morte | 12 de xaneiro de 2009 (96 anos) Oslo, Noruega |
Lugar de sepultura | Vestre gravlund |
Educación | Universidade de Oslo |
Actividade | |
Campo de traballo | Ecoloxía profunda |
Ocupación | filósofo, escritor, montañista, catedrático, activista medioambiental |
Empregador | Universidade de Oslo |
Movemento | Ecoloxía profunda |
Deporte | alpinismo |
Familia | |
Fillos | Ragnar Næss |
Irmáns | Erling Dekke Næss |
Parentes | Arne Næss, Jr., sobriño |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Traxectoria
editarO seu pai foi maior do exército alemán e a súa nai era norueguesa. Diplomouse en filosofía en 1933 antes de continuar os seus estudos en París e Viena. Con 27 anos comezou a impartir clase na universidade de Oslo. En 1970, encadeouse, xunto a outras 300 persoas, para impedir a construción dunha presa cerca da cascada de Mardalsfossen, ao norte do país, o que provocou o abandono do proxecto. Fundou en 1973 coa "ecoloxía profunda" un pensamento ecolóxico que concede máxima prioridade ao coidado do planeta, o medio ambiente, a preservación dos sistemas ecolóxicos e as especies en perigo de extinción. Segundo expoñía, todos os seres vivos teñen o mesmo valor. Estaba a favor da loita pola preservación do planeta en manifestacións e tamén infrinxindo a lei.
No seu pensamento filosófico influíron sobre todo Baruch Spinoza, Mahatma Gandhi e o budismo. Naess desenvolveu ademais seis regras para os debates xustos suxeitos á materia en cuestión sen ataques persoais. "A ecoloxía profunda é un movemento segundo o cal non se fai o ben polo planeta en interese do ser humano, senón polo planeta en si mesmo", declarou Naess nunha entrevista publicada na web da Universidade de Oslo. Alpinista e sendeirista apaixonado, formou parte en 1950 do primeiro equipo en acadar a cima do Tirich Mir (7.708m), en Paquistán.
Naess publicou cerca de 30 libros e numerosos artigos. O seu último libro, editado xunto con Henrik B. Tschudi, foi publicado en xaneiro de 2007 con motivo do 95 aniversario do pensador.
Filosofía
editarA ecoloxía profunda ou Deep Ecology Movement
editar“Unha drástica redución da poboación do planeta resolvería os problemas ambientais” é o que propón a corrente da Ecoloxía Profunda. "Penso que non necesitaríamos ter máis de mil millóns de persoas para ter a variedade de culturas que tiñamos hai 100 anos", defendía Naess.
A ecoloxía profunda é unha das visións holísticas máis polémicas da relación home-natureza. Esta proposta perfílase como totalmente revolucionaria por apuntar cara a unha metafísica, unha epistemoloxía, e unha cosmoloxía novas así como a unha nova ética medio ambiental na relación home-planeta.
Arne Naess caracteriza unha nova filosofía ambiental cos seguintes trazos básicos: Todas as formas de vida sobre a terra (humanas e non humanas) teñen valor intrínseco. A riqueza e diversidade das formas de vida contribúen á realización destes valores, e con elas mesmas, valores. O ser humano non ten dereito a diminuír esta riqueza e diversidade, salvo para satisfacer as “necesidades vitais”.
Esta filosofía profunda cuestiona as raíces do comportamento ético antropocéntrico. De acordo co primeiro principio, cada ser vivo ten dereito á vida. Particularmente o ser humano ten dereito a satisfacer as súas necesidades vitais, pero non a dominar, explotar ou esquilmar outras especies e ecosistemas, precisamente polo valor intrínseco destas. O home debe identificarse coas outras identidades do mundo (os colectivos como especies animais, vexetais, ecosistemas e paisaxes). O desenvolvemento do ego involucra unha nova posibilidade do ser humano, para concibir á natureza como portadora de valor intrínseco, e respectar unha cosmoloxía onde home e natureza sexan un só.
Dentro desta óptica, calquera outro xeito de visualizar a relación home-medio ambiente (fóra da plena identificación mutua como valores intrínsecos) é claramente “reformismo tépedo”, en tanto disfraza uns motivos ou outros para salvagardar egoistamente os intereses humanos. Deste xeito, o antropocentrismo débil ou incluso, o biocentrismo moderado; serían ecoloxías superficiais enfrontadas á ecoloxía profunda que indaga os motivos filosóficos que moven a acción humana para modificar esta praxe.
A ecoloxía profunda nega a existencia de alternativas, asumindo unha metafísica que nega a vontade e a racionalidade humanas como fontes da ética.
Obras
editar- Symbolic Logic (1961)
- Gandhi and Group Conflict (1974)
- Livsfilosofi, Natur och Kultur
Vida persoal
editarCasou coa sueca Filippa Kumlin d'Orey, a actriz norueguesa Mari Maurstad e a cantante de pop Diana Ross. Tivo sete fillos.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- La Ecología Profunda y Arne Naess Arquivado 13 de marzo de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)
- Obituario en The Guardian (en inglés)
- Necrolóxica en The Telegraph (en inglés)
- Vídeo
- Metafísica del Límite Arbóreo (en castelán)