Armando Blanco
Armando Blanco Martínez, nado en Cacheiras (Teo) o 27 de abril de 1948 e finado no mesmo concello o 12 de setembro de 2015,[1] foi un hostaleiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1948 Cacheiras, España |
Morte | 12 de setembro de 2015 (67 anos) Teo, España |
Alcalde de Teo | |
1995 – 2007 ← Ignacio Varela Eiras – Martiño Noriega → | |
Actividade | |
Ocupación | político, emprendedor |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarDono dun coñecido establecemento hostaleiro en Teo. Foi concelleiro en Teo dende 1987. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Teo e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1999 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta, se ben ao longo do mandato varios concelleiros do seu grupo deixárono en minoría. Nas municipais de 2003 perdeu a maioría absoluta, pero continuou como alcalde co apoio do concelleiro IN-TEO. Nas municipais de 2007 perdeu fronte ao candidato do BNG Martiño Noriega, quedando como portavoz na oposición e retirándose da política no 2011.
Predecesor: Ignacio Varela Eiras |
Alcalde de Teo 1995 - 2007 |
Sucesor: Martiño Noriega |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 13-9-2015, p. 51.