Guillermo Rodríguez Godínez, nado o 23 de marzo de 1994 en Alacant,[1][2] máis coñecido como Arkano, é un rapeiro español, recoñecido por ser un dos mellores rapeiros de España na categoría de freestyle, e por ser a persoa con menor idade que gañou unha final nacional da batalla dos galos en 2009, con só 15 anos.[1] Desde outubro de 2018 é, ademais, presentador do programa Ritmos urbanos na 2. É considerado un dos maiores expoñentes en freestyle de fala hispana da historia, xunto con Aczino e Chuty.

Infotaula de personaArkano

(2018) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Guillermo Rodríguez Godínez Editar o valor em Wikidata
23 de marzo de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Alacant, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesArkano Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , rapeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoRap e Freestyle rap (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina websmootharkano.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm8783702 Instagram: smootharkano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nacido no emblemático edificio alacantino da Colmea, no barrio de San Blas, comezou a dar os seus primeiros pasos no rap nesta cidade.[3] Foi vítima de acoso escolar.[4][5] Con tan só sete anos, descubriu o mundo do hip hop grazas á súa irmá, escoitando grupos como ZNP, Violadores do Verso, e artistas como Nach e O Chojin. A primeira «batalla» —enfrontamento entre rapeiros, coa que se deu a coñecer, tivo lugar en xullo de 2008; desde ese momento empezou a participar noutras competicións.[1] Desde 2009, é coñecido no panorama nacional español, xa que gañou o título nacional de Red Bull Batalla de Galos con tan só quince anos de idade, enfrontándose a «galos» como Skone, Jonko e Mowlihawk. A finais dese ano foi tamén subcampión da Hipnotik.

En 2015. revalidou o título de campión nacional de batalla de galos. No mesmo ano, logrou o seu maior fito até a data, coroarse como campión mundial de Red Bull batallas de galos en Chile.[6] Un dos momentos máis polémicos tivo lugar no seu enfrontamento contra Dtoke, en cuartos de final. Mentres este rapeaba, Arkano bicoulle.[7] Tras pasar de rolda, na final coroouse como campión contra o MC chileno Tom Crowley. En 2016 caeu en semifinais desta competición de maneira polémica contra Skone, quen acabou campión. Arkano conseguiu clasificarse como o terceiro. Ese mesmo ano, o 29 de outubro, bateu un récord Guiness ao estar rapeando máis de 24 horas seguidas, parando tan só 3 segundos para beber auga.[8][4]

Ademais rompeu a "maldición" de que cando un MC gañaba a final internacional, se se presentaba o seguinte ano, perdía en primeira rolda.[9] En 2017, disputou a final internacional, tras ser convidado á mesma despois de lograr o terceiro posto na final internacional de 2016. Na final internacional, que se disputou en México o 3 de decembro de 2017, volveu lograr o terceiro posto pois, tras perder nun combate moi igualado con Aczino en semifinais, venceu ao dominicano Yenky One quedando no terceiro posto.

Na súa faceta como autor, publicou un libro en 2016 —Asalto al vacío: ¿Cómo he llegado hasta aquí?—, e finalmente en 2017 apareceu o seu primeiro álbum de estudio, Bioluminiscencia. En 2017, acabou a carreira de enxeñaría informática.[5]

Arkano ten unha presenza en medios de comunicación relativamente frecuente en España, habéndose convertido nunha referencia do rap e en concreto do freestyle. Desde ela e tamén como freestyler, encabezou a loita contra a homofobia e o machismo no rap español.[10]

Participa na FMS (Freestyle Master Series) na que na tempada 2017-2018 conseguiu permanecer na liga para non descender. Nesta competencia descenderon na última xornada Invert e Mr.Ego, que quedaron no noveno e décimo posto.

A súa retirada das batallas foi na súa batalla final contra Chuty, na novena xornada de FMS España, que tivo lugar en Valencia o 16 de febreiro do ano 2019.[11]

Obra editar

Libro editar

  • Asalto al vacío: ¿Cómo he llegado hasta aquí? (2016, Ediciones Martínez Roca)
  • Castillos en el espacio (2018, Ediciones Martínez Roca)

Discografía editar

Con Jonko editar

  • Clase preferente (maqueta, 2010)
  • La voz de la sospecha (maqueta, 2013, Tiamat Records)

En solitario editar

  • Hoy puede ser un gran día (maqueta, 2011)
  • Rareza antropológica (maqueta, 2012)
  • Smooth Series (EP, 2014, Tiamat Records)
  • Bioluminiscencia (LP, 2017, Rosevil)

Televisión editar

  • Ritmo son latino
  • Ritmo Urbano en La 2 (2018-presente)[5]
  • Proyecto Arkano en La 1 (2019-presente)[5]

Resultados editar

España editar

  • 2009: Red Bull Batalla dos Galos Final Rexional, Alacant: Terceiro lugar
  • 2009: Hipnotik MC Battle: Subcampión
  • 2009: Red Bull Batalla dos Galos Final Nacional: Campión.
  • 2014: Red Bull Batalla dos Galos Rexional Madrid: Campión.
  • 2014: Red Bull Batalla dos Galos Final Nacional Cádiz: Cuartos de Final.
  • 2014: Hipnotik MC Battle: Semifinal
  • 2014: ARENAL SOUND: Campión.
  • 2015: Red Bull Batalla dos Galos Rexional Mallorca: Campión.
  • 2015: Red Bull Batalla dos Galos Final Nacional Alacant: Campión.
  • 2015: "MEID IN ESPEIN" Rap Festival Selecta: Campión.
  • 2015: Cannamed Individual: Campión.
  • 2017-18: Freestyle Master Series: Sétima posición
  • 2018-19: Freestyle Master Series: Décima posición (debido á súa retirada das batallas).

Internacionais editar

  • 2009 | Red Bull Batalla dos Galos Final Internacional España: Cuartos de Final
  • 2015 | Supremacía MC Internacional Perú   Perú: Semifinais
  • 2015 | Red Bull Batalla dos Galos Final Internacional Chile   Chile: Campión
  • 2016 | God Level Final Internacional en Chile   Chile: Cuartos de Final
  • 2016 | Red Bull Batalla dos Galos Final Internacional Perú   Perú: Terceiro lugar
  • 2017 | Red Bull Batalla dos Galos Final Internacional México   México: Terceiro lugar
  • 2018 | Red Bull Batalla dos Galos Final Internacional Arxentina   Arxentina: Cuartos de Final

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Biografía de Arkano". buenamusica.com (en castelán). Consultado o 29-04-2019. 
  2. Coca, Laura (23-11-2018). "40 CURIOSIDADES QUE NO SABÍAS SOBRE ARKANO". los40.com (en castelán). Consultado o 23-04-2019. 
  3. «Guillermo Rodríguez Godínez, Arkano: É un auténtico orgullo e esta mais forte que o vinagre, son moi sanblasino, encántame o meu barrio"».
  4. 4,0 4,1 Gómez Ruiz, Lara (10-01-2019). "Arkano: “Parece que el rap se quiere obviar en España”". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 23-04-2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Álvarez, Inés (10-03-2019). "Arkano: "Del 'bullying' se sale; las cosas cambian"". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 23-04-2019. 
  6. "Batalla de los Gallos: español Arkano ganó la gran final". elcomercio.pe (en castelán). 14-12-2015. Consultado o 23-04-2019. 
  7. Ortelli, Juan (15-09-2015). "Chile 2015: El beso de la muerte". redbullbatalladelosgallos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01-04-2019. Consultado o 23-04-2019. 
  8. Maldonado, Lorena G. (17-11-2016). "Arkano, de "gordito gay" a rey del rap". elespanol.com (en castelán). Consultado o 23-04-2019. 
  9. "Skone supera a Arkano". batalladegallos.net. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2017. Consultado o 01 de abril de 2019. 
  10. Santarén, Jenifer (28-10-2016). "Arkano: "El rap es un género muy machista y homófobo"". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 23-04-2019. 
  11. Kapo013 (31-01-2019). "Arkano: “Aunque deje de competir, seré freestyler toda mi vida. Lo llevo en el ADN”". redbullbatalladelosgallos.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23-04-2019. Consultado o 23-04-2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar