Ariel Ortega
Ariel Arnaldo Ortega, máis coñecido como Burrito Ortega, nado o 4 de marzo de 1974 en Ledesma, Provincia de Jujuy (Arxentina) é un exfutbolista que xogaba nas demarcacións de centrocampista e dianteiro.
(2013) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Arnaldo Ariel Ortega 4 de marzo de 1974 (50 anos) Libertador General San Martín, Arxentina (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | El Burrito | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 170 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 14 de decembro de 1991 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Arxentina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2002 | Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarFormado nas categorías inferiores debutou co primeiro equipo de River Plate o 14 de decembro de 1991, facéndose rapidamente cun oco no primeiro equipo e chegando a formar unha das mellores dianteiras do momento xunto a Enzo Francescoli e Hernán Crespo.
En 1997 emigra a Europa fichado polo Valencia CF, porén as malas relacións co adestrador fan que so milite no equipo valenciano unha tempada, sendo traspasado ao UC Sampdoria onde tamén estivo só un ano, ao volver a River Plate no ano 2000.
Dous anos máis tarde foi traspasado ao Fenerbahçe SK, pero incumpriu o seu contrato e en 2003 volveu a Arxentina, polo que ante a denuncia do club turco foi inhabilitado para a competición oficial. Un ano despois o club arxentino CA Newell's Old Boys negociou co Fenerbahçe e conseguiu arranxar a situación e fichar ao xogador.
No ano 2006 volveu outra vez a River, alcanzando un gran nivel e sendo un dos mellores xogadores do país. O ano 2008 pasouno cedido no Independiente Rivadavia a causa de problemas persoais, ao cabo do mesmo volveu a Buenos Aires para volver saír cedido a All Boys en 2011. Unha vez finalizada a segunda cesión River Plate ofreceulle formar parte do equipo técnico pero declinou a oferta e xogou un último ano no Defensores de Belgrano da terceira división arxentina.
Foi convocado por primeira vez coa selección en 1993 nun encontro amigábel contra Alemaña. Nos seus 87 encontros coa selección disputou tres Mundiais: Estados Unidos 1994, Francia 1998 e Corea e o Xapón 2002.
Tras anos sen ser convocado, dende a suspensión da FIFA, en 2010 foi convocado polo por aquel entón adestrador do equipo Diego Armando Maradona, para xogar un último encontro coa selección.
Palmarés
editarTítulos nacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Torneo Apertura | River Plate | Arxentina | 1991 |
Torneo Apertura | River Plate | Arxentina | 1993 |
Torneo Apertura | River Plate | Arxentina | 1994 |
Torneo Apertura | River Plate | Arxentina | 1996 |
Supercopa de Italia | Parma FC | Italia | 1999 |
Torneo Clausura | River Plate | Arxentina | 2002 |
Torneo Apertura | Newell's Old Boys | Arxentina | 2004 |
Torneo Clausura | River Plate | Arxentina | 2008 |
Títulos internacionais
editarTítulo | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Copa Libertadores | River Plate | Arxentina | 1995 |
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estadísticas do xogador coa selección na páxina da FIFA Arquivado 06 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estadísticas do xogador en competición oficial (en castelán)
- Traxectoria do futbolista (en inglés)