Argos (can de Ulises)
Can de Ulises (Odiseo)
Na Odisea de Homero, Argos é o can de Odiseo ou Ulises, rei de Ítaca.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/55/Flaxman_Odyssey_Ulysses_and_his_dog.jpg/220px-Flaxman_Odyssey_Ulysses_and_his_dog.jpg)
Argos aparece ao final do poema (Canto XVII[1]), cando Odiseo regresa a Ítaca logo de loitar na Guerra de Troia e deambular polo mar, tras vinte anos de ausencia. Odiseo, para se enfrontar mellor aos seus inimigos, aparece coas súas faccións disimuladas por Atenea e disfrazado de esmoleiro, de xeito que ninguén o recoñeza.
Mais Argos, aínda enfermo e descoidado, si o coñece e saúdao ledamente coa cola. Odiseo, decatado da fidelidade do seu can e do seu estado actual, pero imposibilitado de responder o saúdo para non quedar en evidencia, derrama unha bágoa e segue o seu camiño. O can, cumprida a súa misión de esperar vinte anos ao seu amo, morre aos seus pés.
Notas
editar- ↑ "Portal Graecia Antiqua" (en portugués). versos 290-327. Consultado o 30-04-2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Argos |