Argimiro Marnotes Rodríguez

político galego

Argimiro Marnotes Rodríguez, nado en Lobás (O Carballiño) é un empresario e político galego.

Argimiro Marnotes Rodríguez
Nacementoséculo XX
Lugar de nacementoLobás
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e empresario
FillosArgimiro Marnotes Fernández
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Emigrou a Arxentina, e ao retornar converteuse en pequeno empresario do metal. Entrou no Concello do Carballiño como concelleiro en 1972 polo terzo sindical, sendo nomeado alcalde en 1977. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía do Carballiño e foi elixido alcalde, revalidando o cargo nas eleccións municipais de 1983, en que encabezou a candidatura de Coalición Galega. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi elixido alcalde outra vez. Logo seguiu de concelleiro ata 1999, primeiro no grupo de goberno e despois, dende 1995, na oposición.


Predecesor:
Javier Perea Rodríguez
  
Alcalde do Carballiño
 
1977 - 1991
Sucesor:
José Luis García Rodríguez

É pai do tamén político Argimiro Marnotes Fernández.

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar