Are We Not Men? We Are Devo!

O título deste artigo amósase incorrectamente debido a limitacións técnicas. O título correcto é Q: Are We Not Men? A: We Are Devo!.

Q: Are We Not Men? A: We Are Devo! é o álbum de estrea da banda estadounidense de New Wave Devo, publicado o 28 de agosto de 1978 a través do selo Warner Bros. Records. Producido por Brian Eno, con produción adicional de David Bowie, foi gravado principalmente en Colonia.

Q: Are We Not Men? A: We Are Devo!
Álbum de Devo
Publicado28 de agosto de 1978
Gravaciónoutubro de 1977 - febreiro de 1978
Duración34:24
Xénero(s)New Wave
Selo(s)Warner Bros. Records
Producido porBrian Eno e David Bowie (coprodución adicional)
Cronoloxía
Mechanical Man EP Q: Are We Not Men? A: We Are Devo! Duty Now for the Future

O disco recibiu críticas mixtas e acadou o número 12 da lista británica de álbums e o 78 na Billboard estadounidense. Recensións máis recentes teñen sido máis uniformemente positivas, e o álbum foi listado en varias listas restrospectivas por publicacións como Rolling Stone, Pitchfork Media e Spin. En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 39 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]

Listaxe de cancións editar

Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Uncontrollable Urge"  Mark Mothersbaugh 3:09
2. "(I Can't Get No) Satisfaction"  Mick Jagger, Keith Richards 2:40
3. "Praying Hands"  Gerald V. Casale, M. Mothersbaugh 2:47
4. "Space Junk"  G.V. Casale, B. Mothersbaugh 2:14
5. "Mongoloid"  Gerald V. Casale 3:44
6. "Jocko Homo"  M. Mothersbaugh 3:40
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
7. "Too Much Paranoias"  M. Mothersbaugh 1:57
8. "Gut Feeling" / "(Slap Your Mammy)"  G. V. Casale, M. Mothersbaugh, Bob Mothersbaugh 4:54
9. "Come Back Jonee"  G. V. Casale, M. Mothersbaugh 3:47
10. "Sloppy (I Saw My Baby Gettin')"  G. V. Casale, M. Mothersbaugh, Bob Mothersbaugh, Gary Jackett 2:40
11. "Shrivel-Up"  G. V. Casale, M. Mothersbaugh, Bob Mothersbaugh 3:05

Notas editar

  1. Rolling Stone (ed.). "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2018. Consultado o 26 de setembro de 2019.