Ardarico foi un rei dos xépidos durante o século V, que se destacou pola súa sabedoría e lealdade a Atila.

Ardarico
Nacementoséculo V
Falecementoc. 460
Relixiónarianismo
Ocupaciónrei
Na rede
WikiTree: De_Gepidae-5
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Segundo Xordanes, o historiador do século V, era un dos seguidores máis ferventes de Atila, ao que este "apreciaba por enriba de todos os demais xenerais".

No 451, no norte da Galia, na batalla dos Campos Cataláunicos, Atila enfrontouse a unha coalición de romanos e federados mandada por Flavio Aecio que rematou coa derrota de Atila e Ardarico permaneceu fiel ao seu señor huno. Cando, máis tarde, Atila realizou outro intento de penetrar en Italia, as tropas de Ardarico conseguiron conquistar Aquileia, Pavia e Milán. No entanto, a enfermidade afectou moito ao exército huno que tivo que se retirar á Gran Chaira húngara, onde Atila morreu no 453.

Morte de Atila editar

Tralo enterramento de Atila, o seu fillo máis vello, Elac, fíxose co poder. Apoiado polo lugartenente de Atila, Onegesio, quixo tomar o control absoluto de tódolos territorios que conquistara Atila mais os seus irmáns, Dengizic e Ernac, opuxéronse reclamando reinos propios.

No 454, Ardarico, cos seus xépidos, e aliados cos ostrogodos, enfrontouse aos hunos na batalla de Nedao, conseguindo unha vitoria decisiva na que morreu Elac.[1] Deste xeito, rematou a supremacía dos hunos en Europa.

Descoñecese cando morreu Ardarico e, probablemente, o rei xépido Mundonus, que gobernou a comezos do século VI fose o seu neto.[2] Segundo Schütte, Ardarico provén de xermánico Hardu-reiks e identificou ao histórico rei xépido co Heiðrekr das lendas xermánicas.[3]

Notas editar

  1. Fields 2006, p. 16.
  2. Kim 2013, p. 94 ("Mundonus foi chamado tanto huno como xépido e, probablemente, era descendente tanto de Atila como de Ardaciro; Mundonus era fillo de Giesmos, un fillo de Atila que casara cunha filla de Ardarico")..
  3. Schütte 2013, p. 22.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fields, Nic (2006). The Hun: Scourge of God AD 375-565 (en inglés). Oxford: Osprey. ISBN 9781846030253. 
  • Kim, Hyun Jin (2013). The Huns, Rome and the Birth of Europe (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-00906-6. 
  • Schütte, Gudmund (2013 [1933]). Our Forefathers The Gothonic Nations (en inglés) II. Cambridge / Nova York: CAmbridge University Press. ISBN 978-1-107-67723-4.