Archostemata
Rango fósil: Permiano tardío-Recente
Erro de expresión: Operador "<" inesperado.

Erro de expresión: Operador "<" inesperado.


Tenomerga mucida
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Archostemata
Kolbe, 1908
Familias

Crowsoniellidae
Cupedidae
Jurodidae
Micromalthidae
Ommatidae

Os Archostemata son a suborde máis pequena dos escaravellos, que consta de 45 especies vivas clasificadas en cinco familias.[1] Son unha antiga liñaxe con varias características primitivas. As antenas poden ser de forma filiforme ou como unha cadea de doas (moniliformes). Esta suborde tamén contén os únicos escaravellos nos que ambos os sexos son pedoxénicos, os da especie Micromalthus debilis. Os escaravellos Archostemata modernos son considerados raros, pero eran máis diversos durante o Mesozoico. Algúns autores usan o termo "Archostemata" nun senso máis amplo para incluír os Archostomata modernos xunto cun grupo troncal (stem-group) de escaravellos como os "protocoleópteros", aos que algúns Archostemata modernos lembran moito debido ás súas morfoloxías plesiomórficas.[2] As investigacións xenéticas suxiren que os modernos Archostemata son un grupo monofilético. Algúns estudos xenéticos recuperaron os Archostemata como grupo irmán de Myxophaga.[3]

Taxonomía editar

Hai cinco familias vivas:[4][5]

Notas editar

  1. HÖRNSCHEMEYER, T. (2009), The species‐level phylogeny of archostematan beetles—where do Micromalthus debilis and Crowsoniella relicta belong?. Systematic Entomology, 34: 533-558. doi:10.1111/j.1365-3113.2009.00476.x
  2. Boudinot, Brendon Elias; Yan, Evgeny Viktorovich; Prokop, Jakub; Luo, Xiao‐Zhu; Beutel, Rolf Georg (2022-07-28). "Permian parallelisms: Reanalysis of †Tshekardocoleidae sheds light on the earliest evolution of the Coleoptera". Systematic Entomology (en inglés): syen.12562. ISSN 0307-6970. doi:10.1111/syen.12562. 
  3. Hörnschemeyer, Thomas (July 2009). "The species-level phylogeny of archostematan beetles-where do Micromalthus debilis and Crowsoniella relicta belong?". Systematic Entomology (en inglés) 34 (3): 533–558. doi:10.1111/j.1365-3113.2009.00476.x. 
  4. Patrice Bouchard; Yves Bousquet; Anthony E. Davies; Miguel A. Alonso-Zarazaga; John F. Lawrence; Chris H. C. Lyal; Alfred F. Newton; Chris A. M. Reid; Michael Schmitt; S. Adam Ślipiński; Andrew B. T. Smith (2011). "Family-group names in Coleoptera (Insecta)". ZooKeys (88): 1–972. PMC 3088472. PMID 21594053. doi:10.3897/zookeys.88.807. 
  5. Bouchard, P.; Bousquet, Y. (2020). "Additions and corrections to "Family-group names in Coleoptera (Insecta)"". ZooKeys (922): 65–139. PMC 7113323. PMID 32256157. doi:10.3897/zookeys.922.46367. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar