Arcella é un xénero de amebas testadas ou Arcellinida, que xeralmente se encontra en augas doces e sobre musgos e raramente no solo. Unha característica distintiva de Arcella é a testa (cuberta dura) cun oco no seu centro desde o que emerxen pseudópodos con forma de dedos. É un dos xéneros de testáceos de maior tamaño.

Arcella sp.

Características editar

As Arcella están tipicamente encerradas dentro dunha testa (cuberta, cuncha) quitinosa con forma de parasol, que ten unha soa abertura central a través da cal se estenden os pseudópodos que utiliza para a locomoción e captura do aimento.[1] Nalgunhas especies esta abertura está rodeada dun anel de poros. A testa está composta de materia orgánica, ten un diámetro de ata 300 µm e é transparente ou de cor amarela clara nas Arcella novas, pero faise marrón conforme aumenta a súa idade debido á progresiva deposición de compostos de ferro e manganeso.[2] A diferenza doutros xéneros, a testa non incorpora grava miúda ou outros corpos estraños para reforzar a súa resistencia.

Nos todas as especies de Arcella teñen o mesmo número de núcleos, dos que pode haber un só, como nalgunhas A. hemisphaerica, ou ata 200, como en A. megastoma, aínda que a maioría son binucleadas.[2] Teñen tamén moitos vacúolos contráctiles, e poden formar vacúolos de dióxido de carbono no seu citoplasma para flotar ata a superficie da auga.

Nutrición e distribución editar

Arcella habita en pozas de auga doce, augas eutróficas, pantanos, musgos, e follas caídas húmidas. Só unhas poucas especies poden atoparse no solo. Nútrense de diatomeas, algas verdes unicelulares ou protozoos flaxelados e ciliados.

A maioría das especies están distribuídas en todo o mundo, pero algunhas teñen distribucións máis restrinxidas, como por exemplo A. brasiliensis e A. rota, que son endémicas de Suramérica.

Aliméntanse estendendo os seus pseudópodos para rodear as súas presas e arrastralas ao interior do microorganismo.

Especies editar

Describíronse unhas 130 especies e subespecies do xénero Arcella ata agora. Entre elas salientaremos as seguintes:

Notas editar

  1. "Arcella Ehrenberg, 1832". National Institute for Environmental Studies, Japan.
  2. 2,0 2,1 Ralf Meisterfeld and Edward Mitchell (2008). "Arcella Ehrenberg 1832".