Araucania (rexión histórica)

A Araucania,[3] (tamén coñecido en castelán como Araucanía, Arauco ou Chile Araucano,[4] é o nome que se lle deu durante a conquista española de Chile á rexión habitada polos araucanos (mapuches), e que se atopaba entre os ríos Itata e Toltén, no sur de Chile.

Andrés Baleato, 1793}}
O Chile Araucano, descrito entre o río Biobío e o Valdivia, no plano Xeral do Reyno de Chile na América Meridional de Andrés Baleato de 1793.

Despois do gran levantamento de moluches e huilliches ocorrido trala batalla de Curalaba en 1598 durante a guerra de Arauco, os españois foron expulsados da ribeira sur do río Biobío. Despois de moitas décadas de guerra adicional, os ríos Biobío e Toltén foron recoñecidos como os límites da Araucania polos españois. Nun comezo, a Capitanía Xeneral de Chile denominou á zona limítrofe norte coa Araucania como «La Frontera», para logo chamar así, por extensión, a todo o que se entende hoxe como a rexión histórica da Araucania, incluíndo o límite sur.

Actualmente, esta rexión corresponde aproximadamente á rexión de Araucanía, e á provincia de Arauco, e ao sur das provincias de Concepción e de Biobío na rexión de Biobío.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar