Abrir o menú principal

Aquilino Valencia

político español

Aquilino Valencia Salgado, nado en Calvos de Randín en 1960, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Aquilino Valencia
Nacemento1960
 Calvos de Randín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Traballa como axente forestal. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Calvos de Randín e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura el. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repetira o pleno. Finalmente os convocantes decidiron retirala en febreiro de 2011[1]. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. Compatibiliza o seu traballo como axente forestal co exercicio de alcalde.


Predecesor:
Antonio Rodríguez Alonso
  
Alcalde de Calvos de Randín
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

NotasEditar

Véxase taménEditar